Caras y Caretas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Caras y Caretas foi un semanario arxentino que se publicou entre 1898 e 1941 fundouno Eustaquio Pellicer, moi popular sobre todo na primeira época, dirixíao José Álvarez (Fray Mocho). No seu deseño sobresaían as imaxes de gran calidade e nos seus textos combinaba o humor co xornalismo máis serio. Entre os caricaturistas da revista destacou Xosé María Cao Luaces (1862-1918), natural de Cervo, considerado o pai da caricatura arxentina.