Carles Francino
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carles Francino Murgades (Barcelona, 3 de xaneiro de 1958) é un xornalista español.
Iniciou a súa carreira profesional en Radio Tarragona e en 1979 obtivo o seu primeiro traballo fixo en Radio Popular de Reus como redactor de deportes. Posteriormente, incorporouse á delegación en Tarragona da Cadena COPE e en 1987 fichou pola delegación da Cadena SER.
En 1990 fixo os seus primeiros contactos coa televisión ó entrar a formar parte do equipo de traballo fundacional de Canal+ en Madrid (conduciu a emisión inaugural da canle). Exerceu de subdirector de informativos e presentou o informativo nocturno, chamado Redacción, entre 1990 e 1994.
En 1994 regresou a Cataluña para presentar en TV3 o telediario das 21 horas -en horario de máxima audiencia. Con Francino "Telenotícies" foi o de máxima audiencia, superando ós informativos das canles estatais, públicas e privadas.
O seu rigor valeulle o recoñecemento non só da audiencia senón tamén da crítica e de todo o espectro político.
En 1999 recibiu o Premio Ciudad de Barcelona polo seu labor. Ademais de presentar "Telenotícies", foi nos últimos anos, o subdirector de informativos diarios da canle autonómica.
En 2005 fichou pola Cadena SER para substituir a Iñaki Gabilondo á fronte do matinal 'Hoy por hoy'.
En 2006 compartiu co propio Gabilondo, con Àngels Barceló e con Jon Sistiaga a dirección e presentación do programa de televisión Cuatro X Cuatro.