Carnés, Vimianzo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Cristovo de Carnés é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Vimianzo. Accédese a través da estrada que leva ó Concello de Camariñas e cruzando a ponte de Ponte do Porto, a 3 Km de esta vila porteña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 733 habitantes (397 mulleres e 336 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 808 habitantes. A festa principal celébrase do 9 ó 12 de Xullo, celebrando a festividade de San Cristovo o día 10 e precedido o día 9 da festa gastronómica popular A festa dos Callos, onde poderá degustar callos gratis a esgalla todo aquel que se acerque pola parroquia.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo | |
---|---|
Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo) |