Carreira, Ribeira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O termo parroquial de San Paio de Carreira, localizado no extremo sur occidental da provincia da Coruña, na comarca do Barbanza, atópase entre os 42° 32' de latitude Norte e os 9° 00' de lonxitude Oeste; encadre xeográfico que se corresponde co saínte da península da Barbanza onde se dividen as rías de Noia e de Arousa. A súa superficie é de 9,12 km2.
É unha das nove parroquias que compoñen actualmente o Concello de Ribeira, xunto coas de Aguiño, Castiñeiras, Olveira, Artes, Corrubedo, Oleiros, Palmeira e Ribeira, sendo esta última a capital do mesmo. Entre os anos 1820 e 1835 a parroquia foi constituida coma Concello Constitucional, integrándose no de Ribeira logo da reforma administrativa do 1833, vixente na actualidade.
A altitude media é de 25 metros sobre o nivel do mar; o seu clima é templado, de tipo atlántico, resultante da exposición directa ós ventos mariños. Asemade a temperatura media anual rolda os 15°C , sendo unha das máis altas de Galiza, e as temperaturas extremas roldan os -2ºC no inverno e os 35°C no verán.
O punto máis elevado de Carreira é o monte da Cidá con 213 m. de altitude, punto este onde se pode apreciar a totalidade da extensión do Concello. A poboación é de 2374 habitantes con data do 22 de abril do 2000.
O termo parroquial está constituído polos lugares de:
Agro da Cuña, A Aldea Vella, As Bouzas, Os Buxos, Campos de Abaixo, Campos de Arriba, A Capela, Carreiriña, As Cartas, Casalnovo, Castro, Covelo, O Cruce, A Estrada, A Fieiteira, A Filgueira, Frións, A Graña, A Granxa, Laxes, Liboi, A Mámoa, Montevixán, O Outeiro, Parte ó Río, Pé do Corniño, As Pedriñas, A Pedrosa, O Quinteiro, A Revolta, O Rueiro, Sabartán, Sampaio, Sobreira, O Vilar e Vixán.
O centro da parroquia, localizado no lugar de Campos, dista 3 km. de Santa Uxía de Ribeira, centro administrativo do Concello.
[editar] Galería de imaxes
[editar] Parroquias de Ribeira
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira | |
---|---|
Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía) |