Catastro de Ensenada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
No 1750 , baixo a dirección do entón ministro de Facenda de Fernando VI, don Zenón de Somodevilla, marqués da Ensenada, púxose en marcha unha magna indagación catastral nos territorios da Coroa de Castela (é dicir, a maior parte de España, excepto as illas, a Coroa de Aragón, o reino de Valencia, Navarra e os Señoríos Vascos ), prolongándose os traballos de campo ata o ano 1756.
Esta indagación sería a base dunha reforma fiscal na que se pretendía racionalizar e facer mais xusto o sistema contributivo; para que isto fose realidade había que coñecer a riqueza de cada un. O obxectivo principal era o de rematar dunha vez por todas coa grande cantidade de impostos que había (alcabalas, dezmos, primicias, foros, etc.), moi difíciles de controlar, e que gravaban sobre todo á maioría dos contribuíntes, especialmente os pobres, mentres que os ricos estaban moi beneficiados a causa de que estes impostos asentábase sobre as producións e bens de consumo e non sobre as rendas e ingresos netos obtidos pola posesión de fincas e casas. A reforma fiscal consistiría na substitución das rendas provinciais por un imposto único, a Única Contribución, proporcional á riqueza de cada un.
Este proxecto fracasou por oposición dos que opuñan a perder tódolos seus privilexios: a nobreza e o clero.
O Catastro converteuse na fonte documental mais importante para coñecer como era a Coroa de Castela a mediados do século XVIII, posto que é un censo de poboación, un censo gandeiro, un censo de explotacións agrarias, un censo industrial, un nomenclátor, ...