Ceará
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Estado do Ceará | |
---|---|
Capital: | Fortaleza |
Área: | 146.348,3 km² |
Poboación: | 7.431.597 (2000) |
Fuso horario: | GMT-3 (a mesma hora de Brasilia) |
Gobernador | Lúcio Alcântara |
Mapa do Ceará no Brasil | |
O Ceará no Brasil |
|
O Ceará no Brasil |
O Ceará é un Estado da Rexión Noreste do Brasil. Ten por límites o Océano Atlántico ao norte e noreste; o Rio Grande do Norte e a Paraíba ao leste; o Estado de Pernambuco ao sur; e o Piauí ao oeste. A súa área corresponde a 9,37% da área do Noreste e 1,7% da superficie do Brasil.
Índice |
[editar] Actividades económicas
Agricultura: a maioría da produción é de subsistencia, e entón consumida no propio estado. Expórtase a castaña de anacardio, e parte da produción de cana de azucre é utilizada para producir augardente, que tamén é exportada. Outros cultivos son: feixón, millo, arroz, algodón herbáceo, algodón arbóreo, mandioca, mamona, tomate, banana, laranxa, coco.
Industria: Concéntrase na Grande Fortaleza (rexión metropolitana da capital). As máis importantes son: alimentos e bebidas, metalurxia, téxtil, química, calzados. Na década de 1990, importantes industrias de calzados brasileiras instaláronse no estado. Entretanto, a maioría dos bens de consumo durábeis (principalmente electrodomésticos e automóbiles) prodúcense fóra do estado.
Minería: algunhas reservas de mineral de ferro, e xacementos de auga mineral; calcáreo; arxila; magnesio, granito, petróleo e gas natural. Extracción de sal mariño.
Gandería: os rebaños son pouco importantes na economía de Ceará, críanse bovinos, suinos, caprinos e aves para consumo local, e crianza de equinos e asininos principalmente para transporte rural.
[editar] Turismo
O estado é famoso, tanto no Brasil como no exterior, polas súas praias. Na cidade de Fortaleza, a súa capital, destaca a Praia do Futuro. Outros puntos do litoral do Ceará son Canoa Quebrada, Camocim e Jericoacoara (ao oeste da capital) e Aracati, ao leste. Tamén destaca o turismo relixioso, na cidade de Juazeiro do Norte, onde viviu o Padre Cícero Romão Batista, chamado polos seus fregueses Padim Ciço e a quen consideraban milagreiro.
[editar] Problemas económicos
A economía do estado sofre coas secas periódicas na rexión do sertão cearense. As estiaxes prolongadas afectan a agricultura e a gandería, provocando perdas nas plantacións e morte de animais. Cando os danos aumentan, as xentes abandonan as zonas rurais do estado, rumbo á periferia da capital (agravando os seus índices de pobreza) ou a outros estados, pois as pequenas cidades non conseguen oferecer traballo a todos. Moitas familias que continúan a morar no campo dependen de axuda dos programas contra a fame do goberno federal ou do goberno estatal, pero seguen meses sen traballo até que as chuvias permitan novas plantacións.
A falta de coñecementos técnicos e diñeiro son outros obstáculos a un aumento da produtividade rural. Xa a exploración de auga subterránea e das represas na rexión do semi-árido fica concentrada nas grandes propiedades, o que dificulta o seu acceso ós pequenos produtores. Así, a rendibilidade das pequenas propiedades é reducida e suxeita a grandes perdas durante as estiaxes. Con isto, a renda per cápita rural é baixa, o que contribúe a desigualdade de renda no estado. A baixa renda e escolaridade das poboacións do interior, aliada á falta de infraestruturas (enerxía eléctrica, ligazón de auga, transportes) e á grande distancia dos principais mercados consumidores, fan que as industrias non se instalen na rexión do sertão. Desa forma non se crían outras oportunidades de traballo diferentes ao traballo agrícola, perpetuando as desigualdades de renda rexionais. Este escenario repítese noutros estados da Rexión Nordeste do Brasil.