Cebreiro, O Pino
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cebreiro é unha parroquia do concello de O Pino con 275 habitantes segundo o último estudio realizado no 2003 polo Instituto Nacional de Estatística.
A parroquia de Cebreiro é coñecida por ter no seu termo as antigas minas de cobre de Río Tinto (na actualidade reconvertidas en canteiras).
Hai que destacar tamén a fermosa carballeira onde se celebraba a Feira do Vinte, onde hoxe en día aínda se pode ir comer o polbo o día 20 de cada mes. Nesta carballeira hai restos da antiga aldea e da capela de San Sadurniño. Esta foi unha das localizacións escollidas para a rodaxe da película "Divinas Palabras", na que participaron coma extras moitos dos veciños da parroquia.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino | |
---|---|
Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede) |