Cesio (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||
Xeral | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nome, símbolo, número | Cesio, Cs, 55 | ||||||||||||||||||||||||||||||
Serie química | Metal alcalino | ||||||||||||||||||||||||||||||
Grupo, período, bloque | 1, 6, s | ||||||||||||||||||||||||||||||
Densidade, dureza Mohs | 1879 kg/m³, 0,2 | ||||||||||||||||||||||||||||||
Aparencia | Prateado ouro![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||
Propiedades atómicas | |||||||||||||||||||||||||||||||
Peso atómico | 132,90545 uma | ||||||||||||||||||||||||||||||
Radio medio† | 260 pm | ||||||||||||||||||||||||||||||
Radio atómico calculado | 298 pm | ||||||||||||||||||||||||||||||
Radio covalente | 225 pm | ||||||||||||||||||||||||||||||
Radio de Van der Waals | Sen datos pm | ||||||||||||||||||||||||||||||
Configuración electrónica | [Xe]6s¹ | ||||||||||||||||||||||||||||||
Estados de oxidación (óxido) | 1 (base forte) | ||||||||||||||||||||||||||||||
Estrutura cristalina | Cúbica centrada no corpo | ||||||||||||||||||||||||||||||
Propiedades físicas | |||||||||||||||||||||||||||||||
Estado da materia | Sólido | ||||||||||||||||||||||||||||||
Punto de fusión | 301,59 K | ||||||||||||||||||||||||||||||
Punto de ebulición | 944 K | ||||||||||||||||||||||||||||||
Entalpía de vaporización | 67,74 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||
Entalpía de fusión | 2,092 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||
Presión de vapor | 2,5 kPa | ||||||||||||||||||||||||||||||
Velocidade do son | Sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||
Información diversa | |||||||||||||||||||||||||||||||
Electronegatividade | 0,79 (Pauling) | ||||||||||||||||||||||||||||||
Calor específica | 240 J/(kgK) | ||||||||||||||||||||||||||||||
Condutividade eléctrica | 4,89 x 106 m-1·Ω-1 | ||||||||||||||||||||||||||||||
Condutividade térmica | 35,9 W/(mK) | ||||||||||||||||||||||||||||||
1̊ potencial de ionización | 375,7 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||
2̊ potencial de ionización | 2234,3 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||
3̊ potencial de ionización | 3400 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||
Isótopos máis estables | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||
Medidas SI e condicións CNPT, excepto onde se indica o contrario |
O cesio (do latín "caesium", que significa "ceo azul") é un elemento químico de símbolo Cs , de número atómico 55 (55 protóns e 55 electróns) con masa atómica 132,9 u. Os seus isótopos máis relevantes son o Cs-133 usado para definir o segundo e o radioisótopo Cs-137 para a cura do cancro.
O cesio é un metal alcalino localizado no grupo 1 (1A) da clasificación periódica dos elementos. É dúctil, moi reactivo, atopado no estado líquido á temperatura ambiente.
Foi descuberto en 1860 por Robert Wilhelm Bunsen e Gustav Kirchhoff, por análise espectral
Índice |
[editar] Características principais
O espectro electromagnético ten dúas liñas brillantes na rexión azul do espectro xunto con diversas outras liñas no vermello, amarelo, e no verde. Este metal é lene, dúctil, de coloración ouro prateado. O cesio é o máis [electropositividade|electropositivo]], o máis alcalino e o de menor potencial de ionización entre tódolos elementos, á excepción do francio. O cesio é o menos abundante dos cinco metais alcalinos non radioactivos. Tecnicamente o francio é o metal alcalino menos común (menos dunha onza na terra enteira) e, sendo altamente radioactivo, a súa abundancia pode considerarse como cero en termos prácticos.
Xunto co galio e o mercurio, o cesio é un dos poucos metais que se atopa no estado líquido á temperatura ambiente. O cesio reacciona explosivamente coa auga fría e, tamén, co xeo en temperaturas por riba de -116°C. O hidróxido de cesio obtido , (CsOH) é a base máis forte coñecida e ataca o vidro.
[editar] Aplicacións
A aplicación máis notable do cesio é o seu uso como medida de tempo en reloxos atómicos, que son exactos aos segundos durante milleiros de anos.
- O Cs-134 usouse na hidroloxía como medida de determinación da produción de cesio nas industrias de enerxía nuclear. Este isótopo de cesio úsase con esa finalidade porque, a pesar de ser menos común có Cs-133 ou o Cs-137, se produce unicamente por reaccións nucleares. O Cs-135 tamén se usou con esa función.
- Este metal tamén se usa en células fotoeléctricas porque se ioniza cando está exposto á luz.
- É usado como catalizador na hidroxenación de certos compostos orgánicos.
- Isótopos radioactivos de cesio úsanse no campo médico para tratar certos tipos de cancro
- O fluoreto de cesio úsase extensivamente na química orgánica como base e como fonte de ións fluoretos.
Este metal ten sido usado máis recentemente en sistemas de propulsión iónica.
[editar] Historia
O cesio (do latín "caesius" que significa "ceo azul") foi descuberto por Robert Wilhelm Bunsen e Gustav Kirchhoff en 1860 nunha auga mineral de Dürkheim, Alemaña, a través de análise espectrográfica. A súa identificación baseouse nas liñas azuis brillantes do seu espectro, sendo o primeiro elemento descuberto por análise espectral. O primeiro metal de cesio foi producido en 1881. Dende 1967 o Sistema Internacional de Medidas (SI) ten definido o segundo como 9,192,631,770 ciclos da radiación que corresponde a transición entre dous niveis de enerxía do átomo de cesio-133, no estado fundamental. Historicamente, o primeiro e máis importante uso do cesio ten sido na investigación e desenvolvemento de aplicacións químicas e eléctricas.
[editar] Ocorrencia
O cesio existe na lepidolita, polucita (silicato de aluminio e cesio hidratado) e noutras fontes. Unha das fontes mundiais máis significativas deste metal atópanse no "Lago Bernic" en "Manitoba" (Canadá) . Son estimados nesta rexión depósitos de 300.000 toneladas de polucita cunha media do 20% de cesio. Minerais de cesio tamén se atopan nos Estados Unidos (Dakota do Sur e Maine), África Austral ( Karib) e en Cimbabue (Bikita).
O cesio obtese por electrólise do cianeto fundido ou de numerosas outras maneiras. Un cesio excepcionalmente puro, no estado gasoso, pode ser obtido pola descomposición térmica do nitreto de cesio. Os principais compostos de cesio son os seus cloruros e nitratos.
[editar] Isótopos
O cesio ten 32 isótopos coñecidos, cantidade maior do que calquera outro elemento, agás o francio. As masas atómicas destes isótopos varían de 114 u a 145 u. Aínda que este elemento presente o maior número de isótopos, ten soamente un isótopo natural estable: Cs-133.
O radioisótopo Cs-137 usouse en estudos hidrolóxicos, do mesmo modo que o H-3 (itrio). O Cs-137 prodúcese na detonación de armas nucleares e de emisións de centrais nucleares, como ocorreu na explosión da fábrica de Chernobyl en 1986. A partir de 1954, co inicio dos test nucleares, o Cs-137 liberado á atmosfera pasou a detectarse. Unha vez que o Cs-137 entra na atmosfera, prontamente se absorbe pola auga e, como consecuencia, polo solo. O radioisótopo Cs-137 presenta unha vida media de aproximadamente 30 anos.
[editar] Precaucións
O cesio é altamente explosivo en auga fría. Debe considerarse sumamente tóxico. Algúns dos seus radioisótopos son extremadamente perigosos para o ambiente e para os humanos. O hidróxido de cesio é unha base incriblemente forte, e ataca o vidro.
[editar] Referencias
[editar] Links externos
- WebElements.com – Caesium
- EnvironmentalChemistry.com – Cesium
- www.smart-elements.com – High purity Cesium samples
- FAQ from alt.cesium newsgroup