New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Clodoveo I - Wikipedia

Clodoveo I

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Dinastía Merovinxia
Rei de todos os francos
Reis de Neustria
Reis de Austrasia
Faramundo 420-428
Clodión 428-448
Meroveo 448-457
Khilderico I 457-481
Clodoveo I 481 - 511
  Khildeberto I 511-558
  Clotario I 511-561
  Clodomiro 511-524
  Teodorico I 511-534
    Teodeberto I 534-548
    Teodebaldo 548-555
Clotario I 558-561
  Cariberto I 561-567
  Khilperico I 561-584
    Clotario II 584-629
  Gontrán 561-592
    Khildeberto II 592-595
    Teodorico II 595-613
    Sixeberto II 613
  Sixeberto I 561-575
    Khildeberto II 575-595
    Teodeberto II 595-612
    Teodorico II 612-613
    Sixeberto II 613
Clotario II 613-629
  Dagoberto I 623-629
Dagoberto I 629-639
  Cariberto II 629-632
    Khilperico de Aquitania 632
  Clodoveo II 639-658
    Clotario III 658-673
    Teodorico III 673
    Khilderico II 673-675
    Teodorico III 675-691
  Sixeberto III 634-656
     Khildeberto III      656-661
    Clotario III 661-662
     Khilderico II 662-675
     Clodoveo III 675-676
     Dagoberto II 676-679
Teodorico III 679-691
Clodoveo IV 691-695
Khildeberto III 695-711
Dagoberto III 711-715
  Khilperico II 715-721
  Clotario IV 717-718
Khilperico II 718-721
Teodorico IV 721-737
Khilderico III 743-751

Clodoveo I ou Clovis, foi o rei de todos os francos do ano 481 ao 511. O nome Clodoveo provén do franco (antigo alto alemán) Hlodowig, composto polas raíces hold ("recoñecido, famoso, ilustre") e wig ("combate"), quere dicir "Ilustre no combate" ou "Ilustre na batalla", o equivalente en galego moderno sería Lois, nome da maioría dos reis de Francia, e en alemán Ludwig, tamén latinizado como Ludovico.

Frecuentemente utilizada polos merovinxios, a raíz hold dá tamén a orixe a nomes como Clotario (e Lotario), Clodomiro e Clotilde.

Índice

[editar] A Galia a finais do século V

A finais do século V, a Galia atópase dividida baixo a autoridade de varios pobos bárbaros, constantemente en guerra uns contra outros, buscando estender as súas influencias e as súas posesións:

Unha multitude de poderes locais ou rexionais de orixe militar ocuparan o baleiro deixado pola deposición do Emperador Romano de Occidente en 476. Entre estes atopábase aínda o reino dun tal Siagrio, establecido na rexión de Soissons.

En 481, Clodoveo, fillo do rei Khilderico I e da princesa Basina de Turinxia, accedeu ao trono do reino franco salio, situado na rexión de Tournai na actual Bélxica. O título de rei non era novo, pois este era dado aos xefes de guerra das nacións bárbaras ao servizo de Roma. Así os francos, antigos servidores de Roma, non eran nada menos que xermanos, bárbaros pagáns, afastados do modo de vida dos galos romanizados durante máis ou menos cinco séculos de dominación e influencia romana.

Clodoveo tiña só quince anos cando se converteu no xefe da súa tribo, a súa coroación deu inicio á primeira dinastía de reis de Francia, os merovinxios, os cales tomaron o seu nome do avó de Clodoveo, o gran Meroveo.

O reino de Clodoveo inscríbese máis ben na continuidade da antigüidade tardía que na alta idade media segundo numerosos historiadores. No entanto contribúe a formar o carácter orixinal deste último período, dando inicio a unha primeira dinastía de reis cristiáns, e grazas á aprobación das elites galo-romanas, crea un poder central en Galia.

[editar] A extensión do reino ao leste

Durante toda a súa vida, Clodoveo intenta conservar e agrandar o seu reino para os seus fillos, segundo a tradición xermánica. Para obtelo, Clodoveo non dubida en eliminar todos os obstáculos que se lle presentan no camiño: asasina todos os xefes salios e renanos veciños, algúns dos cales eran os seus antigos compañeiros, ou mesmo membros da súa familia, para asegurarse de que soamente os seus fillos herdasen o seu reino.

Por outra banda, lanza unha serie de alianzas e de conquistas militares, nun principio á cabeza duns mil homes. Máis que as armas, como se creu, era o xeito e a experiencia que os seus homes adquiriran ao servizo do Imperio e contra os outros bárbaros o que lle posibilitou o éxito militar a Clodoveo e ao seu exército.

Unha idea que habería que rexeitar é que a través del non foi un pobo xermánico o que se impuxo aos galo-romanos, senón a fusión dos elementos latinos e xermanos que continuaron. Na época de Clodoveo, mentres que Siagrio era cualificado como romano polas fontes, este levaba un nome bárbaro e non contaba co apoio do seu pobo. Doutra banda, o rei dos bárbaros, o ostrogodo Teodorico o Grande, perpetuou os carácteres da civilización romana tardía, aínda que sempre sendo ostrogodo, considerado como bárbaro e herexe aos ollos da Igrexa.

Se Clodoveo soubo impoñerse rapidamente, é de certa forma grazas á impresión que daba, pois aparecía como o mellor amo entre todos os pretendentes, e polo menos os galo-romanos contentaríase de que fose cristián. É así como Clodoveo conquista a metade norte de Francia moderna, primeiro aliouse cos francos renanos en 484, logo levou a cabo ofensivas cara ao sur a partir de 486. Comezou co revés e derrota de Siagrio, o último representante do Imperio destronado. O reino de Siagrio cubría aproximadamente a área entre o río Sena e o río Loira (Loire), nas que se atopaban as cidades de Senlis, Beauvais, Soissons e París.

[editar] Conversión e bautizo

Bautizo de Clodoveo I
Bautizo de Clodoveo I

O bispo de Reims, o futuro San Remi, buscaba quizais a protección dunha autoridade forte para o seu pobo. Os contactos foron numerosos entre o rei e o bispo; este último incita ao rei a protexer aos cristiáns que habitan no seu territorio. Grazas ao seu carisma e quizais en razón da autoridade que el mesmo representaba, Remi soubo facerse respectar por Clodoveo e serviulle mesmo de conselleiro. Incitouno notabelmente a pedir a man da princesa Clotilde, unha princesa cristiá de alta liñaxe, filla do rei dos burgundios. O matrimonio tivo lugar en 492, probabelmente na localidade de Soissons.

Desde entón, Clotilde fixo todo para convencer ao seu esposo de que se convertese ao cristianismo. Ao principio, Clodoveo foi reticente, dubidaba da existencia dun Deus único, ademais a morte prematura do seu primeiro fillo quen habería de ser bautizado cristiamente, non fixo máis que agrandar a súa desconfianza. Por outra banda, se aceptaba converterse ao cristianismo, podería perder o apoio do seu pobo aínda pagán; ademais debía ter tamén o apoio do clero galo-romano xa que este último tiña unha gran influencia sobre a poboación gala.

É finalmente durante a batalla de Tolbiac contra os alamáns cara ao ano 496 cando o destino borra as dúbidas de Clodoveo. Mentres que se atopaba loitando contra os alamáns co fin de estender o seu territorio cara ao leste, o seu exército atopábase case vencido. Non sabendo a que outro deus pagán rezarlle, Clodoveo ora entón a Cristo e promételle que se gaña a batalla se había converter ao cristianismo. No medio da batalla, cando o mesmo Clodoveo se atopaba acurralado e a piques de ser capturado, o xefe alamán é morto por unha frecha, o que fixo que o seu exército fose á deriva e fuxise en pánico. A vitoria foi entón obtida por Clodoveo e o Deus dos cristiáns.

Clodoveo recibe entón o bautizo cuns 3000 guerreiros das mans de San Remi, en Reims, o 25 de decembro entre o ano 496 e/ou 499. Este bautizo converteuse nun evento significativo na historia de Francia, case todos os reis franceses foron a partir de entón consagrados na catedral de Reims, ata 1825, data na cal o rei Carlos X de Francia accedeu ao trono.

É tamén de destacar que o bautizo de Clodoveo marca o inicio do lazo entre o clero e a monarquía francesa, lazo que habería de perdurar ata inicios do século XIX. A partir de Clodoveo, o soberano francés debía gobernar en nome de Deus, e só os seus descendentes directos podían pretender ao trono. O bautizo permitiu ao rei implantar perdurabelmente a súa autoridade sobre as poboacións dominadas; grazas ao seu bautizo, puido contar co apoio do clero para proseguir a expansión do seu reino.

[editar] Extensión do reino cara ao sur

Co apoio do emperador romano de Oriente Anastasio I, Clodoveo decide atacar aos visigodos que dominaban a maior parte da península ibérica e o suroeste de Galia, Loire (Loira) ao norte e ata Cévennes ao leste.

Na primavera de 507, os francos lanzaron a súa ofensiva cara ao sur, traspasando o Loira cara a Tours. Afrontaron ao exército do rei Alarico II nunha planicie de Poitiers. Clodoveo gaña finalmente a guerra contra os visigodos logo de asasinar el mesmo ao rei do bando oposto.

[editar] París, a nova capital

Logo de Tournai e Soissons, Clodoveo escolle finalmente París como capital no ano 508. É importante engadir que a lei Sálica foi datada despois de 507, algunhas hipóteses indican que a súa promulgación coincidiu coa instalación do rei en París.

As razóns polas cales escolleu París parecen ser simplemente estratéxicas, xa que a cidade fora unha cidade-guarnición e residencia imperial ao final do Imperio. Aínda que o feito de que París fóra a capital era só simbólico, xa que o reino franco non tiña administración e os reis francos que sucederon a Clodoveo non lle deron importancia ao feito de ser propietarios da cidade.

Baixo o reino de Clodoveo en todo caso, e igualmente durante todo o período en que os merovinxios tiveron o poder, a cidade non tivo cambios maiores, o patrimonio antigo da vila foi conservado e ata en ocasións renovado. Soamente algúns edificios relixiosos doados pola familia real e a aristocracia foron construídos, transformando un pouco a paisaxe urbana.

[editar] Sucesión

O 27 de novembro de 511, morre en París á idade de 45 anos. Tras unificar practicamente toda Francia, ao morrer, deixou os seus estados repartidos entre os seus catro fillos (Teodorico, Khildeberto, Clodomiro e Clotario), seguindo a norma do dereito privado.

O seu reino puido entón ser dividido en catro partes: tres máis ou menos equivalentes, e unha cuarta máis grande que ocupaba máis ou menos o terzo da Galia franca, para o seu fillo maior Teodorico, nacido dunha unión pagá antes de 493. Clodoveo foi inhumado na Basílica dos Santos Apóstolos

[editar] Bibliografía

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
  • Le Petit Larousse en couleurs [1972], Librairie Larousse, París.
  • Verseuil, Jean: Clovis ou la naissance des rois, París 1992.
  • Delorme, Philippe: Clovis, París 1996.

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu