Clotario III
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Clotario III, nado no ano 652, era o primoxénito dos tres fillos de Clodoveo II.
Foi rei de Neustria e de Borgoña desde o ano 657 ata a súa morte o ano 673 e rei dos francos baixo a tutela da súa nai Batilda e de Ebroin, mordomo de palacio.
Á morte do seu pai, no ano 657, convértese en gobernante dos tres reinos francos á idade de cinco anos, pero o poder real o detenta Ebroin. Este fai impoñer a súa autoridade, matando ao abade de Autun, Leger, que estaba apoiado por Pepin, mordomo de Austrasia.
Finalmente no 663, Clotario foi desposuído de Austrasia, conservando unicamente o goberno de Neustria e Borgoña, ata a súa morte no ano 673.
Casou con Amatilda, e morreu sen descendencia, pero durante algún tempo Ebroin creu que tiña un fillo, Clodoveo.