Clotario IV
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Clotario IV (nado en 685 e morto c. 719), rei da Austrasia (717-718), foi instalado pelo mordomo de palacio, Carlos Martel, como un aliado durante a guerra civil que ocorría.
No 717, Carlos, volveu à Neustria cun exército para atacar a Khilperico II e o seu mordomo Raxenfrido, confirmando a súa supremacía cunha vitoria en Vincy, próximo a Cambrai. En Colonia, despois de botar do poder a Plectrude, el proclamou a Clotario rei da Austrasia en oposición a Khilperico, ao que apoiaba Raxenfrido, non Carlos, para a mordomía. No 718, Khilperico foi novamente derrotado por Carlos, desa vez en Soissons. O rei fuxiu xunto co seu aliado, Odón o Grande, duque de Aquitania, para as terras deste. Logo Odón abandonou a Khilperico e suplicou a paz. A cambio de recoñecemento da súa realeza sobre todos os francos, Khilperico entregou o seu reino á mordomía de Carlos, que gañou o monopolio dos asuntos reais.
No 718, ao que parece, Clotario morreu. No 719, Khilperico foi erguido sobre os escudos como rei. Debe ter sido por causa da morte de Clotario que Carlos aceitou recoñecer a Khilperico como rei. É posíbel que Clotario teña sobrevivido ata o 719, 720 ou 721.
Tamén é posíbel que Clotario fose fillo (ou neto) de Dagoberto II ou Khildeberto III, ou, talvez, nin sequera fose merovinxio, senón so un fantoche conveniente que serviu aos propósitos políticos de Carlos Martel na época. O seu reinado, se así pode ser chamado, foi completamente inconsecuente, pois nunca chegou a ter o poder real.
[editar] Pais
Probabelmente fillo de Teodorico III (652 - 691) e de Clotilde de Herstal (nada c. 650 e morta o 3 de Xuño de 699)
[editar] Ver tamén
- Francos
- Merovinxios
- Historia de Francia