Clotario I
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fillo menor de Clodoveo e Clotilde. Rei de Neustria (511-561). Rei de Orleáns (532-561). Rei de Borgoña, compartido co seu irmán Khildeberto (534-558). Rei de Austrasia (555-561). Rei de París e de Borgoña (558-561).
No reparto do Regnum Francorum, á morte do seu pai (511), Clotario obtén a Neustria. Casa con Ingonda no 517.
Á morte do seu irmán Clodomiro (524), Clotario cásase cos súa viúva, Gondioque; pero aínda así non obtén o territorio do seu irmán defunto: a lei sálica impón a partición do reino entre os fillos de Clodomiro. Para evitalo, Clotario alíase con Khildeberto para organizar o asasinato dos seus novos herdeiros (532). Dos tres irmáns, dous foron asasinados, e o último (Clodoaldo) renunciará á súa parte e escollerá a vida monástica. Así, Clotario e Khildeberto, puidéronse repartir libremente o territorio do seu irmán.
No ano 531, casa con Radegunda. Pero ela preferirá retirarse a un convento, no canto de convivir ao seu lado, fundando en Poitiers a abadía da Santa Cruz, a primeira abadía feminina de Europa. Foi canonizada como Santa Radegunda. Volveu casar no 532 con Ingonda e logo coa súa irmá Arnegonda.
A morte de Teobaldo (neto de Teodorico, o seu irmán defunto) no 555, e a de Khildeberto (sen descendencia) no 558, permitirán a Clotario reunificar o Regnum Francorum do seu pai.
Aínda volveu casar con Chunsina, e logo con Vulderade (555) viúva de Teodebaldo, rei de Austrasia.
O seu reinado estivo marcado por numerosas campañas militares, a saber:
- A guerra contra os burgundios (523-526).
- A campaña de Turinxia (530).
- A invasión da Borgoña (534), en compañía do seu irmán Khildeberto (onde se repartiron a coroa).
- A tentativa errada da invasión de Hispania (542), con Khildeberto; pero foron rexeitados en Zaragoza.
Ao final do seu reinado tivo problemas co seu fillo Cramne, que se revelou contra el en numerosas ocasións. Seguiu a Cramne ata Inglaterra, onde se refuxiara, e Clotario encerrouno a el e á súa muller e fillos nunha granxa e prendeulle lume. Perseguido polo remordemento, foi a Tours a implorar perdón sobre a tumba de San Martiño. Morreu pouco despois.