Constantino I o Grande
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Flavius Valerius Aurelius Constantinus (272 – 337), máis frecuentemente coñecido como Constantino I o Grande,naceu en Naissus ( a actual Nish, en Serbia) , na provincia da Moesia Superior,o 27 de Febreiro do ano 272. Fillo dun oficial romano coñecido coma Constancio,é que mais tarde pasaria a historia coma Constancio I Cloro, e mais Helena, é que mais tarde seria santificada con nome de Santa Helena. A sua nai, de orixe humilde conviveu co seu pai coma concubina, deica conquiren casarse. O seu pai foi Tribuno, Gobernador Provincial e seguramente Prefecto Pretoriano. Alcanza o grao de César na primeira tretrarquia orgaizada por Diocleciano o 1 de Marzal de 293, polo que se veu obrigado a repudiar a Helena, e se casar con Teodora, a irmán do emperador Maximiano. Acada o titulo de Augustus o primeiro de Maio do 305, co retiro de Diocleciano e Maximiano coma Augustus.
[editar] Acceso o Poder
Constantino habia servido mentras tanto a carón dos emperadores Diocleciano e Galerio. Se mantén na corte de Galerio, o emperador da parte Oriental do Imperio, coma garantia da conducta do seu pai. Mais tarde se traslada a Britannia para asistilo na campaña contra os pictos. Cando Constancio morre nesa campaña, o 25 de Xullo do 306, en Eboracum ( a actual cidade de Iork) o seu fillo esta o seu caron. As tropas o nomean Augustus, i el remata a campaña do seu pai, deixando pacificada a Britania, se traslada o Continente, a cidade de Augusta Treverorum, que vai a ser a sua principal residencia para os vindeiros seis anos. Ali, no 307 casa con Fausta, unha filla de Maximiano, e repudia a sua amante Minervina, quen lle habia dado o seu primeiro fillo, Crispo
Mentras tanto, en Roma, O Senado e maila Guardia Pretoriana chegan a un acordo de nomear a Maxencio, o fillo de Maximiano coma emperador, no seu mais baixo estamento, coma Princeps,ainda que pouco despois e nomeado Augustus. Era un 28 de Outono do 306. Ainda que Maxencio e Constantino non se tiñan confianza, a situación se mantén sen cambios deica o 310, no que morre Maximiano. Este feito abre as hostilidades entre os cuñados é no 312 ten lugar a famosa batalla da Ponte Milvio, onde vence Constantino, quedando coma unico emperador do Imperio Romano do Occidente.
[editar] A Conversión de Constantino
Cando Maximiano e Diocleciano anuncian o seu retiro, no 305, o problema cristián estaba irresolto e as persecucions eran constantes. Xa dende a sua chegada o poder, Constantino da por rematadas as persecucions e toma medidas para lle devolver as propiedades os cristianos. Pero as suas personais devocions eran para o deus Marte e Apolo, reverenciado coma Sol Invictus.
O siguinte feito na vida relixiosa de Constantino ocorre a noite antes da batalla na Ponte Milvio. Según Lactantius, que era o mentor e mestre do fillo de Constantino, Crispo, o emperador tivo un sono no que lle pedian que puxese o siño da cruz no escudo dos soldados. Vintecinco anos despois, no libro de Eusebius sobor da vida de Constantino, hai outra versión moito mais elaborada e menos creible. Camiño de Roma, nun lugar non especificado, Constantino fita no ceo un estrano fenomeno, no que na luz do Sol aparecese o sinal da cruz e as verbas "hoc signun victor eris". Durante a siguinte noite, Cristo se lle aparece a Constantino no seu sono e lle pide que o signo que vira no ceo o coloque nas suas enseñas de batalla. O novo estandarte da batalla se coñece coma "labarum". Hoxe en dia ese siño coñecese coma lábaro ou crismón.
Sexa ou non certo, Constantino quixo ver que a sua victoria foi gracias o apio da fé no Deus dos cristianos, e que a sua comprensión desa fé non deixa de ser moi superficial. Pero ademais, o emperador toma estas decisions coma politico non coma unha convinción relixiosa. Tal é asi que a sua propia relixiosidade, non o levou a tomar o bautismo deica poucos intres antes de morrer, ainda que esta costume estaba moi arraigada entre os cristians daquela epoca, que non se bautizaban mais que nos seus derradeiros dias.
En Febreiro do 313, Constantino e Licinio se xuntan en Milán cara a conquerir una politica relixiosa común. Uns meses despois desa xuntanza, Licinio da a coñecer un edicto, que é coñecido coma Edicto de Milán, non que se expón os acordos desta xuntanza, que non son outros que a liberdade relixiosa no Imperio e a devolución das posesions dos cristianos. Licinio non esta moi perto desa politica, e ademais as persecucions no Oriente continuaron a pesares do Edicto. Tampouco eiqui hai que ollar esta politica coma unha unión de Constantino coa Eirexa, senon mais ben coma un instrumento da politica imperial.
Nesta politica, pronto descubre que a Eirexa non estaba unida. O primeiro problema desta falta de unidade co que se atopa esta en Africa. Ali, habia os seguidores de Donato, chamados donatistas, e que elixen o seu propio bispo. Estos, en Abril do 313 presentan unha queixa contra Cecilio, o bispo de Cartago. Constantino convoca un sinodo en Roma para aclarar estos problemas. O Sinodo de Roma dalle a razón a Cecilio, pero os donatistas presentan unha queixa diante de Constantino. Este, xa para rematar coa controversia, convoca outro grande Sinodo en Arlés coa presencia de 33 bispos, que se celebra en Agosto do 314. De novo, chegan a conclusión de ir en contra das tesis dos donatistas. Constantino tenta entón de acabar con eles, xa que non aceptan os resultados do Sinodo, pero non o conquire e os donatistas teran unha gran presencia no Norte de Africa durante os dous seculos seguintes.
Nese tempo remata a construción do Arco de Constantino en Roma a tempo para celebrar o decimo aniversario da sua subida o trono imperial. Pero nas celebracions, se omiten por vez primeira os sacrificios os deuses paganos, que eran tradicionais. Ademais, Constantino quixo deixar a sua marca na cidade de Roma, especialmente nas suas construcions, tanto relixiosas coma seculares. No Forum Romanun, completou a basilica que non habia rematado Maxencio. Na Colina do Quirinal, onde hoxe en dia residen os presidentes da Republica Italiana, construe unos baños publicos. A Basilica de San Xoan de Letrán, a Basilica de San Pedro e a Basilica de San Sebastián na Via Appia, son construcions de Constantino.É de especial interes a Basilica de San Marcelino e Pedro, na antiga Via Labicana, porque escomenza para ser o mausoleo de Constantino e maila sua familia, pero co tempo solo recibe o corpo da sua nai, Santa Helena, e hoxe en dia é coñecida coma a Torre Pignattara.
[editar] O Conflicto con Licinio
Os acordos do 313 entre os dous emperadores habia nacido mais por necesidade. Constancia, a medio irmán de Constantino e esposa de Licinio tiña a sua influencia, pero con todo as hostilidades rachan no 316. No curso da primeira guerra teñen lugar duas batallas. A primeira delas en Cibalae, na Pannonia, onde os exercitos de Licinio perden unha grande cantidade de homes e armas. A segunda batalla coñecida coma Campus Ardiensis, a victoria non esta clara para ningún dos dous bandos. Esta guerra é coñecida polo nome de bellum Cibalense. Esta guerra deixa a Licinio coma Augustus, pero ten que ceder todalas provincias europeas hasta a Tracia en mans de Constantino.
O 1 de Marzal do 317, en Serdica ( a moderna Sofia ), Constantino nomea tres césares. Son os seus fillos, Crispo, de sete anos de idade, Constantino, de menos de sete meses e mais Licinio, de vinte meses e fillo de Licinio. Pero a Concordia Augustorum e fraxil e as tensions chegan de novo, en parte pola politica relixiosa i en parte porque as vellas sospeitas voltan a sair a superficie. E volve a guerra no 324. Constantino desfae o exercito de Licinio, primeiro en Adrianópolis na Tracia e despois en Crisopólis, no Bosforo. Escoitando as plegarias de Constancia, perdoa a vida o seu cuñado, pero alguns meses mais tarde, ordea a sua morte, rachando co seu xuramento, xa que as manobras de Licinio para voltar o poder nunca remataran. Queda entón coma unico emperador do Imperio Romano.Totius Orbis Imperator e a lenda grabada nos edificios pubricos e nas acuñacions das moedas.
[editar] O Concilio de Nicea e a Controversia Arriana
Moi pronto, no seculo IV as controversias no seo da Eirexa sobre a natureza do fillo de Deus estalan. Arrio, un sacerdote de Alexandria, predica que Cristo non tiña natureza de Dios, senon que o Pai, O Fillo e mailo Espirito Santo non eran tres persoas distintas, senon hipostasias diferentes, e mais concretamente que o fillo era unha creatura de Deus, e polo tanto o seu subordinado. Pero estas enseñanzas son condeadas e Arrio e excomulgado por un Concilio dirixido por Alexander, bispo de Alexandria no 318. Pero esto non remata co problema, e Ossio de Córdoba falla no seu intento de atopar unha conciliación.
Constantino vese na obriga de facer o primeiro Concilio Ecumenico da Eirexa. A primeira sesion celebrase nos salons do Pazo de Nicea o 20 de Maio do 325. Constantino preside e abre coas primeiras verbas do Concilio. Nel se formula por vez primeira o Credo, que foi posteriormente revisado polo Concilio de Constantinopla no 382, pero é coñecido coma Credo de Nicea. Afirma a homomision e a cosustancionalidade. A maior importancia acada no concilio a persoa de Atanasio, prior do bispo de Alexandria e sucesor de Alexander. Arrio foi condeado, pero a doctrina arriana convive longamente coas tesis oficiais da eirexa. Tal é asi que Constantino chama o seu caron a Eusebio de Nicomedia, un bispo arriano que estaba exiliado dende o 325. Cando volta coma asesor espiritual do emperador no 327, Atanasio protesta pola politica do emperador, pero no 335 el tamén foi a exilio en Trier.
[editar] A Crise da Familia Imperial
No ano 326, Constantino ordea a morte do seu fillo mais vello Crispo, que habia sido nomeado Cesar no 317, habia sido cónsul por duas veces e participado na guerra contra Licinio. No mesmo ano, Constantino parece que temén ter que ver coa morte da emperatriz Fausta, a nai de tres dos seus fillos. A conexión entre as duas mortes é probable, tal que Zosimo conta que Crispo estaba baixo sospeita de estar envolto nas intrigas de Fausta, é que esta morre pouco despois de que Helena, a nai de Constantino o reprenda publicamente da morte do seu fillo. O certo é que os dous se lles aplica a damnatio memoriae é que esta nunca se voltou a rehabilitar. Tampouco pode ser excluida algún tipo de participación de Santa Helena nos acontecementos, pero esta demostrada a de Constantino. Pouco despois destes acontecementos, Santa Helena fai una peregrinación a Terra Santa. Se quixo ver nesta peregrinaxe coma un acto de expiación dos seus pecados o dos de seu fillo. Durante a peregrinaxe ela impresionaou a Eusebio de Cesarea pola sua piedade,caridade e humildade. Participa dalgún xeito na construción da Eirexa da Natividade en Belén, a Eirexa de Santa Helena no Monte dos Olivos e sobor de todo na do Santo Sepulcro. Unha tradición fai de Santa Helena a que atopou ou inventou a Vera Cruz, onde foi cruzificado Xesucristo.
[editar] A Nova Roma
Durante a primeira tetrarquia, Trier,Milán, Tesalonica e Nicomedia habian servido coma residencias imperiales, e a importancia de Roma habia sido reducida considerablemente. Constantino non quere ir mais lonxe e busca unha nova sede imperial,refundando unha antiga cidade grega, Bizancio,a que chama Nova Roma. Esta cidade pasara a historia co nome do seu fundador, Constantinopla o cidade de Constantino. Hoxe en dia coñecida como Estambúl.
A fai a capital do Imperio, e a sua elección tera grandes consecuencias.Pero non é unha eleccion o azar, senón pola sua situación xeografica, xa que esta rente dos Balcanes e poder chegar rapidamente as fronteiras do Imperio. Ademais controlaba o paso do Bosforo i estaba moi ben situada para o seu desenrolo economico, xa que era o cruce de todolos camiños e do comercio europeo e asiatico cara os dous continentes.
O 8 de Novembro do 324, só dous meses despois da sua victoria sobre Licinio en Crisopólis, Constantino fixa os limites da cidade, cuadriplicando o seu territorio. No 328, as murallas da cidade xa estan listas e o 11 de Maio do 330 recibe o nome de Nova Roma. A cidade, tanto nas institucions coma no fisico parecese a antiga Roma. Tamén esta construida sobre sete colinas, ten o Senado e os seus habitantes reciben subvencions de gran. Constantino completa e alarga o hipodromo da cidade, deica a columna das serpes de Delfi. O Pazo Imperial ten acceso directo a cadra e palco imperial do Hipodromo. Un monumento bastante controvertido e a Columna de Constantino, en pleno Foro de Constantino, que esta feita de Fosforo, de 25 mts de altura e coroada por unha estatua de Helios, ainda que se dí que é o propio Constantino.
Constantino inicia a construccion das duas mais grandes eirexas de Constantinopla, a de Santa Sofia e de Santa Irene. A terceira delas, a Eirexa dos Santos Apostoles, tamén pode serlle atribuida. Somente Roma pode comparaserlle en monumentos,pero esencialmente paganos, e a Nova Roma nace coma unha cidade cristiana.
[editar] O Goberno de Constantino
A ideoloxia de Constantino era o seu exacerbado conservadurismo. O seu apoio o cristianismo non leva a unha reordenación da sociedade nin a trocar o sistema legal. Refractario os cambios, mantén e completa o sistema de cambios feito por Diocleciano, especialmente na administración provincial e na orgaización do exercito.
Un dos mais notables cambios se refire os prefectos pretorianos, que se habian constituido en autenticos ministros asesores dos augustus o cesares, pero que el elimina e disolve, creando as Schola Palatinae, unhas unidades de elite da cabaleria composta na sua meirande parte por xinetes de orixe xermanico. Ademais, os mandos do exercito nas fronteiras deixan de ter o poder que mantiveran deica entón, xa que o exercito pasa a ser unha gran reserva central con gran movilidade para se achegar os puntos onde xurdira o conflicto, en detrimento dos exercitos establecidos nas fronteiras e raias do Imperio, o que daba pé a un gran poder para os gobernadores e militares que estaban o seu mando. Esta reforma limita o poder dos Gobernadores o ameto civil. Esta reforma escomenzada por Diocleciano, a rematada por Constantino, mantense practicamente inalterable deica o fin do Imperio.
Na sua reforma economica, impon unha nova moeda, o solidus de ouro, que se mantera durante centurias coma moneda oficial. Outras moedas introducidas no tempo de Constantino foron: o semis, que tiña o valor de medio solidus, ou o scripulum, que valia uns 3/8 de solidus. Tamén se variaron as moedas de prata, xa que aparecen a miliarense e a scripula. Nas acuñacions de moeda pode seguirse a evolución de Constantino, xa nun primeiro intre, no reverso estaba o deus Marte, e mais tarde foi Apolo o elexido. Pero a partir do 312 este reverso cambea e o crismón aparece sobre a coraza de Constantino.
[editar] As Campañas Militares
Dende a sua victoria sobre Maxencio no 312 na Ponte Milvio, Constantino non fixo mais que afianzar o seu poder sobre o Imperio Occidental. O Edicto de Milán no 313 con Licinio era unha consecuencia politica, pero Licinio non a aplicou no Imperio Oriental, a e sua loita e guerra civil no 324 pode ollarse coma unha loita relixiosa. A sua victoria o fixo emperador dun Imperio xunguido de novo, pero non remataron ahi os seus problemas militares os que lle tivo que facer fronte.
Xa entre os anos 306 e 308, formando parte da tetrarquia, tivo que loitar contra dos francos e alamanes, para repetir esta guerra contra os francos no 314-315. Na fronteira xermana tamén ten que rexeitar os visigodos no 332. Contra os sarmatas no 334, para voltar no 336 a loitar na fronteira danubiana.
[editar] O Problema da Sucesión
Unha das cousas que Constantino non deixou ben arranxado foi o problema da sua sucesión. Xa habia nomeado césares os seus fillos Constantino II no 317, Constancio II no 324 e Constante no 333. Pero nos seus dous derradeiros anos habia sumado un cuarto césar, Flavio Dalmacio, que era o seu sobriño. A idea de Constantino era a de un só gobernante e os outros césares tiñan tarefas adeministrativas e controladoras, pero a historia demostrou que a sua sucesión foi sanguenta e moi alonxada da sua intención de manter o Imperio xunguido e forte.
[editar] Os Anos Finais. Morte e Enterro
Entre os anos 325 e 337 Constantino continua a ser un forte apoio para a Eirexa, con donacions de cartos e lexislacion especifica. A prohibición de sacrificios paganos asi como que os templos non se poidan arranxar, amén das confiscacions dos tesouros destes templos, que pasan ao tesouro imperial. Funda numerosas eirexas pero son coñecidas as do Santo Sepulcro en Xerusalen ou o Octogono Dourado en Antioquia.
Pouco despois da Pascua do 337, Constantino empeza a se sentir enfermo. Viaxa cara a Drepanun, para rezar diante da tumba do martir favorito da sua nai, Luciano. De volta deste viaxe, chega a Nicomedia, onde se fai bautizar, o parecer polo bispo arriano Eusebio de Nicomedia.
Constantino falece poucos dias despois, o dia de Pentecostés, o 22 de Maio do 337, vistindo as roupas brancas dos cristianos neofitos en Nicomedia. O seu corpo foi embalsamado en Constantinopla i exposto no Pazo Imperial . O seu cadaleito se instala na Eirexa dos Santos Apostoles, debaixo das suas esculturas.
Os seus fillos toman posesion o 9 de Setembro, pero non asi os seus sobriños, que xa habian sido asesiñados. As loitas polo poder empezan dende entón, asi como comenzan a aflorar as tensions entre os paganos, cristianos e arrianos dentro da corte.
[editar] O Legado de Constantino
O Emperador Constantino foi chamado como o mais importante emperador da Antiguedade tardia. A sua personalidade puxo os fundamentos da civilización post clasica europea. O seu reinado foi axitado e cheo de acontecementos dramaticos. A sua victoria na Ponte Milvio se ha visto frecuentemente como un dos intres mais decisivos na historia mundial. O seu apoio o Cristianismo e a fundación de unha "Nova Roma" en Bizancio fixo desa decision como unha das mais importantes polas suas consecuencias na historia posterior de Europa. O certo é que os dez emperadores siguintes levaran o seu nome da unha idea da importancia e estima acadada por Constantino e a sua obra.
As suas leises protexendo o cristianismo, a lexislación sobor dos escravos e presos para a sua protección, ainda que moi febles, puxo en camiño unha maior sensibilidade para eles, a pena de morte para os abusos dos recadadores de impostos e o descando dominical nas labouras diarias, son algunhas das leises que quedaron para a posteriuoridade.
A Eirexa ortodoxa o fixo santo, celebrandose o seu dia o 21 de Maio, data do seu pasamento, en conxunto coa sua nai, Santa Helena, sendo o dia 3 de setembro cando se celebra o seu propio dia santo San Constantino I.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Maximino Daia |
Constantino I o Grande (307-337) |
Precede a: Licinio |
Constantina |