Copa do Rei
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
A Copa da Súa Maxestade o Rei de Fútbol, comúnmente coñecida como Copa do Rei ou A Copa, é unha competición nazonal de fútbol, creada en 1902, na que xogan os mellores equipos de España (Todos os da Primeira división española, todos os da Segunda división española, os mellores da Segunda B e os campións da Terceira). Ata a temporada 2004/2005 xogábase a partido único no campo do equipo mais feble ata oitavos de final. Oitavos de final, cuartos de final e semifinais xogabanse a partido doble. A final disputabase a partido único nun terreno neutral. Sen embargo, na temporada 2005/2006, a Real Federación Española de Fútbol modificou este sistema en favor doutro que desatou gran polémica entre os clubes de divisións inferiores: os equipos de Segunda B enfrentanse entre eles, logo xogan contra os de Segunda, os gañadores compiten outra vez entre eles e logo incorporanse os equipos de Primeira que non disputan competicións europeas. Os equipos participantes da Copa da UEFA ou a Liga de Campións non comezaban ata oitavos de final. Foi na temporada 2006-2007 cando a Real Federación Española de Fútbol volveu a modificar o sistema. Os clubes de Segunda B enfrentase entre eles, logo xogan contra os daLiga BBVA e, posteriormente, en dezaseisavos de final, xogan contra tódolos equipos da Primeira división, xoguen competicions europeas ou non.