Diacríticos dos silabarios xaponeses
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Diacríticos |
---|
|
Chámase diacrítico un signo gráfico aposto a un grafema dos silabarios hiragana ou katakana para transcribir un fonema modificado do que transcribe ese grafema.
O xaponés utiliza dous diacríticos:
- O primeiro (゛) é un signo composto de dous pequenos trazos, que permite transformar unha consoante xorda en consoante sonora en principio de sílaba – coa excepción do h que se cambia en b – e que ten moitas denominacións:
- O segundo (゜) é un pequeno anel, que permite transformar h en p, e que ten dous nomes:
-
- handakuten (半濁点, «punto semisonoro»),
- e máis familiarmente maru (丸, «anel»).
[editar] Modificacións dos hiragana
So se cita o ataque silábico.
- K + ゛ = G
- S + ゛ = Z
- SH + ゛ = J
- T + ゛ = D
- CH + ゛ = DJ
- TS + ゛ = DZ
- H + ゛ = B
- H + ゜ = P
[editar] Modificacións dos katakana
As modificacións dos katakana son as mesmas cás dos hiragana. Transcríbese so a maiores o son [v] (nos préstamos) por:
- U + ゛ = V
[editar] Ver tamén
- Diacrítico;
- diacríticos do alfabeto galego;
- diacríticos do alfabeto vietnamita (quôc ngu),
- diacríticos do alfabeto latino;
- diacríticos do alfabeto grego;
- diacríticos do alfabeto cirílico;
- diacríticos do alfabeto hebreo;
- diacríticos do devanâgarî;
- diacríticos do alfabeto árabe;
- diacríticos do alfabeto turco.