Eric Clapton
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eric Patrick Clapton (nacido o 30 de marzo de 1945), alcumado "Slowhand" (man lenta), é un guitarrista, vocalista e compositor, e un dos máis respetados e influíntes músicos do rock.
O seu estilo musical sufríu múltiples cambios ao longo da súa carreira, pero as súas raíces sempre estiveron no blues. Clapton foi considerado un músico innovador en varias fases da súa carreira, que inclúe o blues rock (con John Mayall & the Bluesbreakers e The Yardbirds) e o rock sicodélico (con Cream).