Escáner
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dispositivo que se emprega nun sistema informático para a dixitalización de imaxes mediante un sistema óptico. Pondense clasificar segundo como moven o equipo óptico (planos, de rolo ou de man) ou según o tipo de óptica (CCD ou CIS):
- Planos: constan dun cristal onde se pon a imaxe a dixitalizar, dun carril por onde se despraza o carro e dun carro onde se atopa unha luz que ilumina a imaxe a captar e un sensor que capta a luz reflectida. Se é un sensor de tipo CCD, precisa tamén unha serie de espellos.
- De rolo: collen o papel que contén a imaxe a captar pola súa parte posterior e van movendo cada vez que o carro completa unha pasada horizontal, ata que completan todas as liñas en que dividen a imaxe.
- De man: non dispoñen de dispositivo que faga mover o sensor polo que é o propio usuario o que ten que mover o dispositivo.
- De diapositivas e negativos: permiten dixitalizar as imaxes contidas neses medios.
Os escáneres planos poden ter ou ser ampliados con algúns accesorios coma un adaptador de diapositivas, un alimentador de follas automático...
Unha vez dixitalizada a imaxe, pódese retocar con programas de retoque fotográfico (corrixindo os defectos que presenta, personalizandoa...), extraer o texto que conteñen mediante o emprego de sistemas OCR, gardar a imaxe nun formato gráfico...
Na actualidade existen dispositivos híbridos que intengran nun so equipo impresora é escáner (podendo integrar máis cousas), son os denominados dispositivos multifunción.
[editar] Ver tamén
- OCR
- Dispositivo multifunción