Espazo natural protexido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Espazos protexidos |
por continente |
Parque Natural do Complexo Dunar |
de Corrubedo |
África: 5,03% |
Asia: 5,6% |
América do sur: 6,2% |
Europa: 8,4% |
América do norte: 9,2% |
Oceanía: 11,8% |
Fonte: World Conservation Monitoring Centre |
[editar] Definición
Un espazo natural protexido é unha paraxe que, diante da probable degradación dunha zona por mor da acción do ser humano sobre o medio, é preservada coa finalidade de protexer e conservar o ecosistema existente para así poder legalo a xeracións vindeiras.
[editar] Tipos
En Galiza distínguense os seguintes tipos de espazos naturais protexidos:
- Parque natural: Espazos protexidos en que é posible o aproveitamento por parte dos habitantes da zona dos seus recursos. Baséanse de xeito estrito no concepto desenvolvemento sostible.
- Parque nacional: Extensos territorios de moi alto valor ecolóxico (vizosa e/ou peculiar fauna, flora, relevo...) escasamente alterados polo ser humano, preservado mediante normativas sumamente estritas. Frecuentemente inclúen especies en perigo de extinción.
- Reserva natural: Neles está prohibida a intervención humana debido a que presentan un alto valor ecolóxico. Non hai nengún en Galiza.
- Monumento natural: Espazos ou elementos da natureza constituídos por formacións particularmente singulares, escasas ou fermosas.
- Humidal protexido: Humidais, tanto naturais como artificiais, na costa ou no interior. Todos eles están tamén incluídos no convenio de Ramsar.
- Paisaxe protexida: Espazos con valores singulares, estéticos e culturais ou cunha relación harmoniosa entre a humanidade e o medio natural. Non hai nengún en Galiza.
- Zona de especial protección dos valores naturais: Espazos con valores naturais, culturais, científicos, educativos ou paisaxísticos que precisan dunha protección especial. Moitos dos 72 existentes contan con protección adicional da lexislación europea, como lugar de importancia comunitaria ou como zona de especial protección para as aves, integrando asía a Rede Natura 2000.
- Espazo natural de interese local: Espazos a protexer solicitados polos concellos á Consellaría de Medio Ambiente. Non existen nengún.
- Espazo privado de interese natural: Espazos de propiedade privada cuxa protección piden os seus donos.