Especies ameazadas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo até colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir.
Non hai consenso sobre os criterios de inclusión dunha especie na lista das ameazadas. Hai unha interpretación corrente de que a preservación de especies ameazadas é incompatíbel coa exploración económica do ambiente en que viven, que debería ser preservado como un santuario ecolóxico intocábel. Isto é verdade nalgúns casos extremos, mais non en todos. Crece o número de propostas de uso económico sustentábel de hábitats naturais, combinando agricultura con preservación da cobertura vexetal e por tanto da diversidade da flora e da fauna.
No Brasil a lexislación ten feito alguns avances nos últimos anos, aínda que na práctica a falta de fiscalización e a impunidade dos infractores implique en que non sexa respectada.
O estado de conservación dunha especie é un indicador da probabilidade de que esta especie ameazada continue a existir. Os factores usados nesta clasificación incluen a amplitude de distribución da especie, o nivel de ameaza a que está suxeita, a variación do tamaño da poboación, e outros.
Entre as clasificacións do estado de conservación das especies animais e vexetais, a Lista Vermella da UICN é a máis coñecida.
A UICN usa as seguintes categorias:
- Extinta EX: o último representante de especie xa morreu, ou suponse que teña morrido. Exemplo: Dodo.
- Extinta na natureza EW: existen individuos en cativeiro, mais non hai máis poboacións naturais. Exemplo: Dromedario.
- Crítica ou criticamente ameazada CR: sofre risco extremamente alto de extinción nun futuro próximo.
- En perigo EN: sofre risco moi alto de extinción nun futuro próximo.
- Vulnerábel VU: sofre alto risco de extinción a medio prazo. Exemplos: Guepardo, Camelo da Bactria
- Case ameazada NT: aínda non sofre risco de extinción, mais as ameazas sobre ela son crecentes.
- Segura ou pouco preocupante LC: non sofre ameaza inmediata a súa sobrevivencia.
Índice |
[editar] Exemplos de especies ameazadas
[editar] Mamíferos ameazados
- Elefante asiático (Elephas maximus)
- Elefante da floresta (Loxodonta cyclotis)
- Elefante da sabana (Loxodonta africana)
- Balea azul (Balaenoptera musculus )
- Chimpancé (Pan troglodytes)
- Gorila do Oriente (Gorilla berinxei)
- Gorila do Occidente (Gorilla gorilla)
- Panda xigante (Ailuropoda melanoleuca)
- Morcego cinza (Myotis grisecens)
- Leopardo (Panthera pardus)
- Orangotango (Pongo pygmaeus e Pongo abelii)
- Veado (Elaphurus davidianus)
- Lobo vermello (Canis rufus)
- Rinoceronte da Sumatra (Dicerorhinus sumatrensis)
- Antílope tibetano (Pantholops hodgsonii)
- Tigre (Panthera tigris)
- Peixe-boi das Indias Occidentais (Trichechus manatus)
- León da India.
[editar] Aves ameazadas
- Bacurau
- Bicudo
- Cardeal
- Maracaná
- Papagaio
- Roliña
- Tucán de bico negro
[editar] Réptiles ameazados
- Tartaruga mariña
- Dragón de Komodo
[editar] Anfibios ameazados
[editar] Peixes ameazados
[editar] Crustáceos ameazados
[editar] Artrópodos ameazados
[editar] Plantas ameazadas
[editar] Véxase tamén
- Estado de conservación
- Biodiversidade
- Aves extintas
- Lista de animais extintos
[editar] Fontes
- Artigo na Wikipedia en inglés.
- IUCN Red List