Fernando Delgado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fernando García Delgado (Santa Cruz de Tenerife, 1947) é un xornalista e escritor español.
Índice |
[editar] Traxectoria profesional
[editar] Xornalismo: Radio e Televisión
Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, comeza a súa carreira profesional no Diario El Día. Máis tarde pasa ós diarios Pueblo e Informaciones, onde se covirte en crítico literario.
O seu salto ó mundo da radio prodúcese a través de Radio Nacional de España, onde ingresa por oposición en 1967. Co tempo, chega a converterse no primeiro Director de Radio 3 (en 1981-1982) e da propia RNE dous ocasións: 1982-1986 e 1990-1991.
Baixo o seu primeiro mandato realizou unha profunda renovación en formatos e contidos e abandonaron a canle pública profesionais como Luis del Olmo, Jesús Quintero, Alejo García e Julio de Benito, sendo finalmente destituido por Pilar Miró.
En 1986 foi nomeado membro do Consello de RTVE, a proposta do PSOE, cargo que ocupa ata 1990.
En 1991 pasa a ser Director de Tele-Expo, a canle televisiva da Exposición Universal de Sevilla 1992. Unha vez finalizada a mesma, converteuse xunto a María Escario, no novo presentador dos Telediarios de TVE de fin de semana, en substitución de Rosa María Mateo.
En 1996, trala renovación do equipo directivo da canle é relevado do seu cargo á fronte do informativo, e regresa á radio, incorporándose á Cadena SER, onde se fai cargo do magazine A vivir que son dos días, un espazo sobre arte, cultura, ocio e actualidade, no que permanece ata 2005, cando decide abandonalo sendo substituído por Àngels Barceló despois de ter acadado o liderado de audiencia na súa franxa horaria.
Na actualidade segue colaborando coa Cadena SER.
[editar] Literatura
En 1976 publicou a súa primeira novela, Tachero e transcorrerían catro anos ata que aparecese a súa seguinte obra, Exterminio en Lastenia, de marcado carácter experimental.
En 1994 saíu á luz a que o autor considera a súa obra máis persoal, Háblame de ti, e un ano despois conseguiu o Premio Planeta co que é o ata o momento o seu libro mellor vendido: La Mirada del otro.
Non só escribiu novela. Tamén cultivou la poesía (Proceso de adivinaciones e Autobiografía del hijo) e o ensaio Cambio de tiempo (1994).
[editar] Curiosidades
En 2004 viuse envolto nunha grave controversia cos xornalistas Alfredo Urdaci e Alfonso Ussía. O primeiro acusouno de ter declarado en véspera das eleccións do 14 de marzo de 2004, que era a oportunidade que tiñan os españois de desfacerse dos heredeiros dos asasinos de Lorca, coma os antes citados. Ussía fíxose eco do asunto e insultou gravemente a Delgado. Posteriormente quedou demostrado que Fernando Delgado non pronunciara esas palabras.
[editar] Premios
- Premio Pérez Galdós de novela Exterminio en Lastenia (1980)
- Premio Planeta en 1995 por "La mirada del otro"
- Premio Ondas Nacional de Televisión
[editar] Libros publicados
- Mísero templo (1972)
- Tachero (1976)
- Exterminio en Lastenia (1979)
- Proceso de adivinaciones (1981)
- Cuatro ejemplos para una nueva sociedad canaria (1985)
- Háblame de tí (1994)
- Génesis (1994)
- Cambio de tiempo (1994)
- Autobiografía del hijo (1995)
- Ciertas personas (1996)
- Escrito por Luzbel (1998)
- No estabas en el cielo (1996)
- Presencias de ceniza (2001)
- Isla sin mar (2002)