Forzas Armadas Portuguesas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Forzas Armadas Portuguesas (Forças Armadas Portuguesas), divídense en tres ramas:
- Armada (Marinha Portuguesa)
- Exército (Exército Português)
- Forza Aérea (Força Aérea Portuguesa)
Durante o século XX, Portugal participou en dúas grandes intervencións militares: a Primeira Guerra Mundial e as Guerras Coloniais en África (1961-1974). Cunha participación máis moderada na guerra civil española e unha intervención case pacífica na revolución dos caraveis.
Hoxe en día, participa en misións de paz da ONU, por exemplo, no Sáhara Occidental, en Kosovo e Timor Leste.
En 2003 Portugal aboliu o servizo militar obrigatorio.
As Forzas Armadas Portuguesas dependen do Ministerio da Defensa Nacional e son coordenadas polo Estado Maior Xeral das Forzas Armadas.