Fouce
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A fouce (e o seu diminutivo para un tipo máis pequeno, o fouciño) é un instrumento de labranza composto por unha folla de aceiro curva e afiada pola súa parte cóncava, insertada nun mango de madeira. Este instrumento, que pode ter dentes como unha serra e ser de diferentes tamaños, serve para cortar e/ou segar herba ou cereais.