Friki
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(Do inglés freak, que significa monstro, becho raro.)
Dise da persoa obsesionada cun tema ou afección en concreto, normalmente considerada extravagante, ata o punto de convertilo nunha forma de vida. Normalmente relacionase ca informática, a banda deseñada, o anime xaponés, os filmes e series de ciencia ficción e fantasía, pero o termo pode extenderse a calquera gusto descomedido. Normalmente asóciase a un carácter introvertido ou difícil de relacionarse con persoas alleas á súa afección e a unha indumentaria non convencional. En casos moi extremos, o afeccionado obsesivo/compulsivo deixa de ser friki e evoluciona a gosu ou geek.
Orixinalmente, os freaks eran persoas con algunha malformación ou anomalía física (mulleres barbudas, homes elefante ou persoas de estatura anormalmente alta ou baixa) e que eran exhibidas nos circos. Por iso, tamén se usa o termo friki en sentido pexorativo referido a personaxes extravagantes nalgún sentido e que chegan a ter sona po-la súa extravagancia a traveso da televisión ou internet. A palabra freak en inglés conserva este significado.
[editar] Equivalente de "friki" noutros idiomas
Eiquí utilízase a definición de "obsesionado por unha afección concreta".
- Inglés: geek ou nerd. O primeiro refírese ós obsesionados cun área do saber, como as ciencias naturais ou a música (académicamente falando); ó segundo atribúenselle máis coñecementos técnicos.
- Xaponés: otaku. En Occidente ten o significado de "fanático do manga/anime", pero en Xapón refírese ó que está obsesionado por calquer afección. Así, hai "anime otaku" ou "pasokon otaku" (fanático dos ordenadores) por poñer dous exemplos.
[editar] Tipos de frikis
Po-lo xeral os frikis centranse nunha afección máis ou menos concreta, polo que se pode falar de subtipos de frikis, cos seus propios nomes. Segundo o contexto algúns destes nomes ponden ter connotacións negativas, ó igual que a propia palabra "friki".
A seguinte é unha lista de tipos de frikis que non pretende ser exhaustiva, segundo o tipo de afección. Moitos frikis podense considerar de varios tipos ó ter diversas afeccións consideradas frikis:
- Ciencia-ficción: frikis de Star Trek (trekkies), Stargate, A Guerra das Galaxias, Matrix, etc.
- Fantasía épica: frikis de O Señor dos Aneis ou en xeral da obra de J.R.R. Tolkien, da Dragonlance, etc.
- Videoxogoss: frikis dos videoxogos de consola (consoleiros) e que poden ter unha afección particular cunha consola (como PlayStation 2 ou Game Cube, frikis dos primeiros videoxogos que se editaron ou dos máis clásicos (como Pacman ou Pong), frikis dun determinado videoxogo ou saga de videoxogos (como Resident Evil, Legend of Zelda, Counter Strike o Final Fantasy).
- Cómics (comiqueiros): frikis da banda deseñada en xeral, ou particularmente dunha das tres grandes familias (banda deseñada europea, estadounidense ou xaponesa - neste último caso denomínanse otakus), da banda deseñada underground, dos fanzines, dalgún dibuxante ou dunha determinada época ou situación política (por exemplo, a banda deseñada española entre 1940 e 1970), etc.
- Xogos de rol (roleros): frikis dos xogos de rol en xeral ou dalgún xenero ou xogo en particular, por exemplo, os de pantasía épica ou D&D en particular.
- Xogos de mesa: frikis dos xogos de cartas coleccionabeis (sobre todo de Magic), dos xogos de miniaturas (como Warhammer) ou outros xogos de mesa (como Scrabble, Formula Dé, Trivial Pursuit, etc).
- Informática e programación: frikis de Linux (linuxeros), de Macintosh (mackeros), de Windows (windowseros), da informática en xeral, etc.
- Radio: Os rafioafeccionados ás veces se lles chama (radiopitas) ou en inglès (hams).
- Animación: frikis da animación en xeral ou, máis concretamente, dun determinado autor, país, época ou xénero (por exemplo, a animación propagandística da II Guerra Mundial ou o anime xaponés).