Gaita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A gaita é un instrumento musical de vento que na súa forma máis simple consiste nunha bolsa de coiro (fol), no que se almacena o ar que fai que soe o instrumento, ao que se ligan varios tubos, un polo que se sopra (soprete) e un ou varios tubos sonoros, como o tubo melódico (punteiro) e as varas, que varían entre cero e tres (na gaita galega denomínase roncón)
Índice |
[editar] Historia
Non se sabe exactamente cando apareceu a gaita, aínda que se conservan pinturas do Antigo Exipto no que se representan a músicos tocando un instrumento moi semellante á gaita actual. Os gregos coñecía a gaita (askaulos) e entre os romanos a gaita (tibia utricularis) era o instrumento da infantería romana, que tamén tocaba Nerón.
En Europa non se volven ter referencias da gaita ata o século IX e X e foi na Baixa Idade Media cando a gaita obtén gran popularidade en toda Europa, entrando en decadencia en toda Europa a partir do século XVIII, agás nas zonas máis estremeiras: Galicia, Asturias, Escocia, Irlanda e Bretaña.
[editar] Etimoloxía
En organografía a gaita coñécese como cornamusa, termo que deriva do latín cornu ("corno") e musa ("musa"), pero a
A orixe de gaita podería estar relacionada co latín caetras, de feito Silius Italicus reférese a tribo dos Callaeci (ou Gallaeci) no Século I da seguinte forma :
- Fibrarum et pennae divinarumque sagacem
- flammarum misit dives Callaecia pubem,
- barbara nunc patriis ululantem carmina linguis,
- nunc pedis alterno percussa verbere terra,
- ad numerum resonas gaudentem plauder caetras. (book III.344-7)
- "A rica Gallaecia enviaba aos seus mozos, sabios no coñecemento da adiviñacion coas entrañas dos animais, con plumas e chamas — quen, ora berrando unha cantiga bárbara na súa lingua vernácula, ora brincando no chan coas suas ritmicas danzas até facer resoar o chan, e acompañándo o canto coas sonoras caetras" (gaitas).
Outros atribúen a orixe da palabra gaita á lingua gótica dos suevos: gaits significaba cabra, dado que, tradicionalmente, o fol da gaita se construía co pelexo dunha. Á súa vez esta palabra viría do protoindoeuropeo ghaido.
Hai termos similares noutras linguas dispares, así por exemplo Gaida (búlgaro), Gajde (macedonio, polaco, etc)'.
En organografía a gaita coñécese como cornamusa, termo que deriva do latín cornu ("corno") e musa ("musa").
[editar] Tipos de Gaitas
As gaitas de fol costuman ser divididas, en xeral, en tres grupos distintos:
Esta clasificación refírese, basicamente, á forma como o é torneado por dentro, importando pouco o seu aspecto externo (pois moitos punteiros cónicos son cilíndricos por fora e vice-versa). Canto á palleta, sexa de lámina dupla ou simples, é parecida á palleta de obo. A palleta de lámina simple, chamada pallón, posúe un deseño similar ao da palleta de clarinete. |
[editar] Gaitas de fol con punteiro cónico
A conicidade do punteiro atribúe a esas gaitas unha potencia sonora maior, aliada xeralmente a unha palleta dupla (na que a resistencia das láminas tórnaa máis potente do que a palleta simple). A dixitación do punteiro costuma ser aberta ou semi-fechada. No xeral, no(s) seu(s) bordón(s) úsase palllón. Son gaitas presentes na súa maioría no oeste europeu, a constituir entre si subgrupos no que se refire a outros pormenores (grupo ibérico, franco, bretón etc.). A maioría dos modelos é insuflada por meio dun soprete Algúns exemplos de gaitas dese tipo: thumb|250px|Cantadeira transmontana, exemplo de ponteiro cônico.
|
|
|
|
-
-
- Obs.: as rexións supracitadas indican os lugares aos que se vinculan tradicionalmente os modelos referidos.
-
[editar] Gaitas con punteiro cilíndrico
Moitas gaitas de ponteiro cilíndrico gozaron de maior aprezo a partir do período barroco por seren excelentes instrumentos de cámara. Iso se deve ao feito de presentaren son xeralmente máis doce e suave, grazas ao torneado a e á palleta simple e ao lumen cilíndrico do punteiro. A partir do período barroco proliferaron diferentes modelos do instrumento, ez especial na Franza e Alemaña. Há de se frisar, contodo, que existen modelos con palleta dupla no punteiro. A dixitación pode variar do aberto e semi-fechado ao fechado – a depender do modelo. Grande parte desas gaitas é insuflada por fol mecánico (ar-frío). Moitos modelos cilíndricos compóñense de punteiro duplo. Algúns exemplos de gaitas con punteiro cilíndrico:
|
|
|
|
-
-
- Obs.: as rexións supracitadas indican os lugares aos que se vinculan tradicionalmente os modelos referidos.
-
[editar] Ar quente e ar frío
Existe ainda unha distinción entre as gaitas de fol: as que son insufladas por medio dun sopretes – chamadas de ar quente por necessitaren do folgo do músico – e as que son insufladas por un fol mecánico – chamadas de ar frío. Apesar do que moitos pensan, esa distinción non é, nen musical nen morfoloxicamente, moi relevante. Iso débese a que o sistema sonoro das palletas, ainda que presentando diferenzas perante o nível de humidade de cada sistema, permanece practicamente o mesmo. Tanto é así que moitos instrumentos tradicionalmente de ar quente se poden encontran con fol mecánico, e vice-versa. Non debe deixarse de salientar, contodo, as diferentes técnicas para insuflar, cada cal con movementos adecuados ao tempero ideal da gaita (o control de presión do ar interno). A distinción canto ao torneamento do punteiro e os tipos de palletas utilizados son moito mais relevantes para os musicólogos. |