Game Over
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Game Over é un videoxogo desenvolvido por Dinamic Software para Amstrad CPC, Commodore 64, DOS, MSX e ZX Spectrum en 1987.
Xogo de ciencia ficción, a raíña Gremla goberna sobre cinco confederacións de planetas grazas a un poderoso exército de Terminators dirixido por Arkos, o máis fiel dos servidores de Gremla ata que o desprezo da raíña fixo que se pasara ó exército inimigo dirixido por McKiller. O xogo divídese en tres fases, na primeira Arkos débese enfrontar ós Terminators no planeta Cárcere, onde Gremla obtén as materias primas. A segunda fase lévanos ó palacio Xungla onde Arkos se ten que facer cun caza capaz de vencer o radar de Gremla. A terceira fase condúcenos ó Planeta Palacio, onde está o palacio de Gremla que Arkos ten a teima de destruír.