Grupo Galaico de Arte Rupestre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.


O Grupo Galaico de Arte Rupestre engloba as gravuras realizadas na pedra en tempos prehistóricos en tres períodos:
- Neolítico (IV e III milenios a.C.)
- Idade do Bronce (II milenio)
- Idade de Ferro (I milenio a.C. até o século III d.C.).
Os petroglifos galegos localízanse en penas e penedos graníticas, presentan un risco moi erosionado e, en ocasións, difícil de observar. Existen dous tipos de deseños: figurativos, que son aqueles nos que é posíbel adiviñar que representan, como por exemplo os cervos, os cabalos, figuras humanas e armas; e os abstractos, aqueles que non sabemos que representan, como son as combinacións circulares.
Os petroglifos non reflexan a vida cotiá das persons que os gravaron. As comunidades da Idade do Bronce practicaban a agricultura e a gandería como base subsistencial, mais nas gravuras non aparecen representadas estas actividades; de feito, os únicos temas representados son os relacionados coa caza e a guerra. Supoñemos que os petroglifos estaban relacionados coas actividades que, posibelmente, a sociedade da Idade do Bronce consideraba máis prestixiosas.
Nas esceas cinexéticas o único animal cazado é o cervo. Isto pode estar relacionado coa importancia simbólica que este animal debeu posuir. No mundo imaxinario destas comunidades a caza parece ser algo máis que unha función meramente lúdica ou suministradora de alimento. Cando se observa unha escea de caza nun petroglifo estamos contemplando unha actividad de forte contido ritual e posibelmente iniciática.
Os conxuntos de petroglifos situanse nas ladeiras das serras, e en ocasións atópanse rodeando brañas e cubetas, así como nas liñas de tránsito que comunican estas zonas cos lugares onde se atopan os pobodos. Durante a Idade do Bronce, a xente vivía nos partes baixas dos montes e en áreas inmediatas á costa. As gravuras sitúanse sempre fora dos poboados e a miúdo se dispoñen rodeando as serras, como demarcando un territorio. Se a isto engadimos que os grabados presentan variacións estilísticas por comarcas, isto pódenos levar a plantexar que poidesen funcionar como delimitadores territoriales. Nas sociedades prehistóricas a arte sempre estivo relacionada con actividades de carácter ritual e relixioso, é dicir, que ademais de servir como marca territorial, os petroglifos poideron funcionar como lugares de agregación de guerreros e como indicadores de sitios cunha especial carga simbólica.