Historia de Alemaña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A historia moderna de Alemaña comeza no último tercio do século XIX no contexto do nacionalismo romántico que se vive nas nacións europeas que aínda viven subxugadas a imperios maiores, é o caso de Grecia co Imperio Otomano, Bélxica cos Países Baixos, Italia, Serbia, etc.
No caso de Alemaña, o xerme da unificación hai que situalo en Berlín, capital de Prusia, o meirande estado alemán no que reinaba Guillerme II e dirixía a política o canciller de ferro Otto von Bismarck, cunha política de panxermanismo, acadaría a unificación dos estados da Confederación Alemá do Norte tralas tres sucesivas guerras cos seus veciños, a saber: guerra con Dinamarca, con Austria e con Francia. A fundación do Segundo Reich trala última guerra, establece o inicio da Alemaña como estado unificado.