Insulina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A insulina é unha hormona de 51 aminoácidos organizados en dúas cadeas unidas por dúas pontes químicas que contén xofre. A súa misión máis importante é activar o transporte de glicosa cara o interior das células para que se utilice como combustíbel o se almacene, permitindo así o aproveitamento da glicosa proveniente da dieta ou da reserva endóxena do fígado e o músculo. Regula os valores da glucemia, manténdoos entre marxes moi estreitas de 50 a 115 mg/dl en xexún e 140 após as comidas.
Sintetízase no páncreas, onde se almacena nunha forma molecular de maior tamaño chamada proinsulina, cunha terceira cadea ou péptido C que une as outras dúas cadeas. Libérase ao torrente sanguíneo en forma de pequenos pulsos e aumenta notabelmente cando se inxiren alimentos, especialmente hidratos de carbono. A glicosa é o estímlo máis importante para que se libere insulina.
Cando non hai insulina dabondo, a glucosa non pode penetrar nas célucas e permanece no sangue. Actívase a utlización de graxas e proteínas para a obtención de enerxía. Se o déficit de insulina é grave, a utilización do tecido adiposo produce corpos cetónicos.