Intranet
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Intranet é unha rede de ordenadores privada que utiliza os protocolos TCP/IP. Pode ter saída a Internet ou non. No caso de ter saída a Internet , o direccionamento IP permite que os host con direccións IPs privadas poidan saír a Internet pero impide o acceso dos host internos a Internet. Dentro dunha Intranet pódense configurar todos os servizos típicos de Internet(web, correo, mensaxería instantánea,etc) mediante a instalación dos correspondentes servidores. As intranets son como un internet en miniatura, ou o que é o mesmo, internet é unha intranet pública xigantesca.