Irmandade Galega
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Irmandade Galega foi unha organización política galeguista de Arxentina que se fundou en 1941 pola unión do Grupo galeguista de Bos Aires e membros da Sociedade Nazonalista Pondal.
Nun primeiro momento estivo dirixida por Manuel Puente, Rodolfo Prada e Xosé Abraira, máis tarde virou cara a esquerda e o independentismo dirixido por Moisés Dapresa, Bieito Cupeiro, Manuel Pedreira, Bernaldo Souto ou Ricardo Flores.
En 1942 instituiu o 17 de agosto como Día dos Mártires en recordo do fusilamento de Alexandre Bóveda e a represión contra os galeguistas durante a Guerra civil española e a posguerra.
Houbo seccións da IG en Bos Aires, La Plata, Mar de Plata, Rosario, Mendoza e fóra da Arxentina en Montevideo e Santiago de Chile.