Jack Kirby
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jack Kirby, nado o 28 de Agosto de 1917 e morto o 6 de febreiro de 1994 era un dos máis influíntes, recoñecidos e prolíficos artistas do cómic nos Estados Unidos. De nome real Jacob Kurtzberg, fillo de pais xudeus austríacos afincados en Nova Iorque, foi tamén editor e escritor de cómics. Debido á súa xenial capacidade creativa, o tamén xenial Stan Lee púxolle o alcume de "O Rei", que lle marcará sempre.