Joaquín Prat
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Joaquín Prats, foi un dos presentadores máis importantes da radio e a televisión en España.
Naceu en Valencia o 27 de abril de 1929 e faleceu despois de dous meses en coma por un infarto de miocardio, en Madrid, o 3 de xuño de 1995.
Iniciou estudos de Dereito, que abandonou, para traballar como administrativo.
En 1959 ingresou en Radio Nacional de España. Ó longo dos anos traballou en máis de 20 programas de radio, tanto na Cadena SER (ata 1987), con espazos emblemáticos como Mañanas de Radio Madrid, Ustedes son formidables, Radio Madrid madrugada e Carrusel deportivo, como na COPE (1987-1990) con Vivir es formidable e Tiempo de juego ou de novo en Radio Nacional de España desde 1990 con Apúntate 5 e La peña.
En Televisión fixo o seu début co famosísimo concurso Un millón para el mejor (1968), no que permanecería un ano ata ser substituido por José Luis Pécker. Un ano despois chegaría o seu emparellamento profesional con Laura Valenzuela no espazo musical Galas del sábado (1969-1970), de Fernando García de la Vega, que acadou unha popularidade enorme na súa época. Volvería a coincidir coa actriz e presentadora en Canción 71, un programa de corte semellante.
Entre 1988 e 1993 presentou El precio justo, facendo famoso o grito A jugar (A xogar), que acompañaba cun inesquecible movemento de brazo.
Outros programas que presentou foron:
- Siempre en domingo (1971), con Manuel Martín Ferrand.
- Cambie su suerte (1974), con José Luis Pécker.
- Destino Argentina (1978), concurso sobre o Mundial de Fútbol.
- Cosas (1980-1981), con Mónica Randall e Marisa Abad.
- Otras cosas (1981-1982), con Lola Martínez e Mari Ángeles Morales, Elena Escobar e Isabel Bauzá.
- Noches de gala (1993-1994), con Miriam Díaz Aroca.
Conta no seu haber de galardóns con dous Premios Ondas: En 1970 (Nacionais de Televisión), como Mellor presentador e en 1989 (Nacionais de Radio) por Vivir es formidable. Concedéronselle tamén tres TP de Ouro: Como Mellor Presentador, en 1980 por Cosas e en 1988 por El Precio justo, e outro honorífico en 1991 á súa traxectoria profesional.
Relacionouse coa danesa Marianne Sandberg,a súa muller ata o seu falecemento, non estivo exenta de perigos, xa que Joaquín Prat tiña corenta e tres anos, estaba casado, era pai de dous fillas e estaba vixente o delito de adulterio.
Máis detalles en este enlace.