Johnny Depp
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Johnny Depp | |
Nome completo | John Christopher Depp II |
Data de nacemento | 9 de xuño de [1963]] |
Lugar de nacemento | Kentucky, Estados Unidos |
Papel máis destacado | Capitán Jack Sparrow Piratas do Caribe |
John Christopher Depp II naceu en Owensboro, Kentucky (Estados Unidos) o 9 de xuño de 1963. É un actor estadounidense moi coñecido por películas coma Eduardo Manostijeras ou Piratas do Caribe.
Índice |
[editar] Biografía
[editar] Primeiros anos
Cando era moi xoven mudouse a Miramar, Florida. Os seus pais divorciáronse cando Depp tiña 16 años de idade. O seu interese pola música despertou ao recebir unha guitarra coma agasallo da súa nai. De adolescente, formou parte de diversos grupos musicais, entre eles, o máis coñecido, The Kids. The Kids, logrou acadar certo recoñecemento en Florida, chegando incluso a ser teloneiros de Iggy Pop. Aos 18 anos trasladouse a Los Ángeles na busca dunha carreira no mundo da música. Casou cunha maquilladora, e foi ela quen lle presentou ao xoven actor Nicolas Cage, quen lle aconsellou a Depp desistir nos seus intentos de lograr fama coma cantante de rock. Presentoulle ao seu axente, quen lle conseguiu o seu primeiro papel, na clásica película de terror, Pesadelo en Elm Street (1984) de Wes Craven.
[editar] Carreira como actor
Interpretou papeis tan diversos coma un xoven con tesoiras en lugar de mans, ao peor director da historia do cine Edward D. Wood Jr., o máis grande amante de tódolos tempos en Don Juan De Marco, un axente encuberto do FBI en Donnie Brasco, o alter ego do escritor e periodista Hunter S. Thompson na película de culto Medo e asco en Las Vegas e recentemente ó pirata Jack Sparrow en Piratas do Caribe.
Na actualidade, unha das colaboracións máis recoñecidas é a que forman Johnny Depp e Tim Burton. Contribuíu con el en cinco oportunidades, en Eduardo Manostesoiras, Ed Wood, Sleepy Hollow, Charlie e a fábrica de chocolate, e dando voz a Victor Van Dort, protagonista de A Noiva Cadáver.
Foi candidato ao Óscar ao mellor actor en dúas ocasións, e en cinco ocasións ao premio de mellor actor nos globos de ouro.
[editar] Filmografía
Ano | Película | Título orixinal | Director | Personaxe |
---|---|---|---|---|
2006 | Piratas do Caribe: O Cofre do Home Morto | Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest | Gore Verbinski | Capitán Jack Sparrow |
2005 | A novia cadaver | Corpse Bride | Tim Burton e Mike Johnson | Victor Van Dort (voz) |
Charlie e a fábrica de chocolate | Charlie and the Chocolate Factory | Tim Burton | Willy Wonka | |
2004 | The Libertine | The Libertine | Laurence Dunmore | John Wilton |
Descubrindo Nunca Xamáis | Finding Neverland | Marc Forster | James Matthew Barrie | |
Ils se marièrent et eurent beaucoup d'enfants | Ils se marièrent et eurent beaucoup d'enfants | Yvan Attal | O descoñecido | |
A ventá segreda | Secret Window | David Koepp | Mort Rainey | |
2003 | Erase unha vez en México | Once Upon a Time in Mexico | Robert Rodriguez | Sands |
Piratas do Caribe: A maldición da Perla Negra | Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl | Gore Verbinski | Capitán Jack Sparrow | |
2001 | Desde o inferno | From Hell | Albert e Allen Hughes]] | Inspector Fred Abberline |
Blow | Blow | Ted Demme | George Jung | |
2000 | Chocolat | Chocolat | Lasse Hallström | Roux |
Antes de que caia a noite | Before Night Falls | Julian Schnabel | Bon Bon / Tenente Victor | |
Vidas furtivas | The Man Who Cried | Sally Potter | Cesar | |
1999 | Sleepy Hollow, a lenda do xinete sen cabeza | Sleepy Hollow | Tim Burton | Ichabod Crane |
A face do terror | The Astronaut's Wife | Rand Ravich | Comandante Spencer Armacost | |
A novena porta | The Ninth Gate | Roman Polanski | Dean Corso | |
1998 | Medo e asco en Las Vegas | Fear and Loathing in Las Vegas | Terry Gilliam | Raoul Duke / Hunter S. Thompson |
1997 | The Brave | The Brave | Johnny Depp | Raphael |
Donnie Brasco | Donnie Brasco | Mike Newell | Donnie Brasco | |
1995 | Á hora sinalada | Nick of Time | John Badham | Gene Watson |
Dead Man | Dead Man | Jim Jarmusch | William Blake | |
Don Juan DeMarco | Don Juan DeMarco | Jeremy Leven | Don Juan | |
1994 | Ed Wood | Ed Wood | Tim Burton | Ed Wood |
1993 | ¿A quen ama Gilbert Grape? | What's Eating Gilbert Grape | Lasse Hallström | Gilbert Grape |
Benny & Joon | Benny & Joon | Jeremiah S. Chechik | Sam | |
O soño de Arizona | Arizona Dream | Emir Kusturica | Axel Blackmar | |
1991 | Pesadelo final: a morte de Freddy | Freddy's Dead: The Final Nightmare | Rachel Talalay | Adolescente en TV |
1990 | Eduardo Manostixeiras | Edward Scissorhands | Tim Burton | Eduardo Manostixeiras |
Cry-Baby | Cry-Baby | John Waters | Wade Walker | |
1986 | Platoon | Platoon | Oliver Stone | Soldado raso Gator Lerner |
1985 | Private Resort | Private Resort | George Bowers | Jack |
1984 | Pesadelo en Elm Street | A Nightmare On Elm Street | Wes Craven | Glen Lantz |
[editar] Curiosidades
- Mantivo unha longa relación sentimental coa tamén actriz Wynona Ryder, durante a que fixo unha tatuaxe coa lenda wynona forever. Logo da separación borrou unha parte e deixou wyno forever.
- Mantivo outra relación sentimental posterior con Vanesa Paradis.