José Gil y Gil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
José Gil y Gil (As Neves, 3 de abril de 1870-1937) foi un fotógrafo e director de cine galego.
Tivo aberto estudo fotográfico en Mondariz, Ourense e desde 1903 en Vigo, en 1907 comezou a experimentar co cine, primeiro tan só para publicitar o seu estudo fotográfico pero logo comezou a facer películas documentais centradas en Vigo. En 1916 realizou o primeiro filme de ficción galego do que se ten noticia, Miss Ledya. En 1922 fundou a produtora Galicia Cinematográfica que a partir de 1929 realizou o noticiario cinematográfico Revista de Galicia. Estímase que realizou máis de 150 filmes.