Juan Bautista Aznar-Cabañas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Juan Bautista Aznar-Cabañas (Cádiz, 1860 - Madrid, 1933), ou simplemente Juan Bautista Aznar, foi un mariño e político español
Logo dunha brillante carreira militar, na que destacou o seu papel nas campañas desenvolvidas en Marrocos entrou en política poucos meses antes do golpe de estado de Primo de Rivera.
Tras alcanzar a graduación de almirante, en 1931 foi chamado para substituir o xeneral Dámaso Berenguer como xefe do que habería ser o derradeiro goberno da Monarquía de Alfonso XIII.
No gabinete do almirante Aznar había dúas correntes monárquicas contrapostas: A corrente "dura" representada por La Cierva (alta burguesía), e a corrente "branda ou transixente", disosta a pactar con os republicanos, nese momento no cárcere Modelo de Madrid, representada polo Conde de Romanones. Nun punto medio, a cargo do Ministerio de Gobernación achábase José María de Hoyos y Vinent de la Torre O’Neill, Marqués de Hoyos. Como Ministro da Guerra estaba o xeneral Dámaso Berenguer (que fora o anterior presidente de Goberno), o conde de Bugallal Araujo no "grupo La Cierva" e, como Director Xeneral da Garda Civil, o xeneral Sanjurjo. O resto do gabinete formabano o Duque de Maura, o almirante José Rivera e os empresarios Ventosa Calvell (lugartenente de Cambó) e Gascón y Marín.
La Cierva e Bugallal mantiñan a postura de que a monarquía debía resistir fronte a República por calquer medio que fose, incluso utilizando a Garda Civil (ao que se opuxo Sanjurjo cando comprobou nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931) que os republicanos eran maioría nas cidades importantes (o que significaba o grupo máis importante de "republicanos ilustrados antimonárquicos").
O conde de Romanones, despois de intentar inútilmente chegar a un acordo con os republicanos para crear un goberno de transición, era partidario de que o Rei abandonara España, decisión que finalmente tomou el Rei.
[editar] Referencias
- Raymon Carr, España 1808-197. Ariel. Barcelona. 1988
Predecesor: Dámaso Berenguer |
Presidente do Consello de Ministros de España 1931 |
Sucesor: Niceto Alcalá-Zamora |