New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Julián Grimau - Wikipedia

Julián Grimau

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Fotografía de Julián Grimau
Fotografía de Julián Grimau

Julián Grimau García foi un político español, nado en Madrid en 1911 e fusilado na mesma cidade en 1963.

Na súa xuventude militou en Izquierda Republicana. Ó estourar a Guerra civil española, ingresou no Partido Comunista de España (PCE). Pasou a guerra en Barcelona, onde se adicou a labores policiais (o seu pai, Enrique Grimau, fora inspector de policía). Ó ser derrotado o bando republicano, exiliouse en Latinoamérica, establecéndose posteriormente na Francia. Foi un dos dirixentes do PCE durante a época franquista. En 1954, durante o congreso do partido celebrado en Praga, foi elixido membro do seu comité central. A partires de 1959 faríase cargo da dirección do partido en España, onde tivo que residir clandestinamente ó longo de varios períodos.

A súa actividade fíxolle ser unha das persoas máis buscadas pola policía española. Por iso, moitos investigadores preguntábanse polas razóns da súa misión en Madrid en 1962, que o levaría á morte, cando en palabras dos seus compañeiros de partido estaba excesivamente queimado (é dicir, que a policía seguíalle a pista de preto e era probábel a súa detención). É un episodio que nunca foi aclarado. Algúns antigos membros da directiva do PCE (o escritor Jorge Semprún entre eles) suxeriron que o secretario xeral, Santiago Carrillo, quixo apartarlo do aparato de dirección na Francia provocando a súa detención en España.

Índice

[editar] O proceso de Grimau

Grimau foi detido en novembro de 1962. A detención produciuse nun autocar no que viaxaban unicamente el e outros dous pasaxeiros, que resultaron ser axentes da Brigada Político-Social (policía política). Obviamente, fora delatado. Foi conducido á Dirección General de Seguridad, situada na madrileña Porta do Sol, no edificio coñecido como Casa do Reloxo, que hoxe é sede do goberno da Comunidade de Madrid. Alí caeu pola ventá dende un segundo piso a un vieiro choído, o que lle ocasionou graves lesións no cranio e nos pulsos. Grimau explicou este feito ó seu avogado declarando que nun momento dado da sesión da tortura á que foi sometido polos seus interrogadores, agarráronlle e botáronlle pola ventá, esposado cas mans diante, razón pola cal fracturouse a fronte e os pulsos. A policía política, por boca do ministro de Información Manuel Fraga Iribarne, declarou polo contrario que Grimau recibiu un trato exquisito e que nun momento do seu interrogatorio encaramouse a una cadeira, abriu a ventá e tirouse por ela de forma "inexplicábel" e por vontade propia. Pouco probábel xa que adoitábase esposar ó reo á propia cadeira.

Fronte a tódalas previsións, Grimau non foi acusado pola súa militancia clandestina (o que lle valería unha condena ó cárcere) senón pola súa actividade durante a guerra civil. Foi a derradeira persoa procesada e condenada en España como consecuencia da guerra. A razón é que, probabelmente, o réxime quixo dar unha lección á oposición nun momento no que existía unha onda de alta conflitividade social e política.

Grimau foi acusado polo seu traballo como policía durante a guerra civil. Esa actividade, como tódalas exercidas polos membros da administración republicana durante a guerra, era calificada de delicto de rebelión militar. Aínda que o delicto se conseguise probar, tecnicamente prescribira tralos 25 anos transcorridos. O tribunal debía probar entón que se trataba dun delicto continuado.

En concreto, a Grimau imputábanselle torturas e asasinatos nunha checa (centro de detención político) de Barcelona. Dita imputación, aínda que non foi demostrada no xuízo, se lle fixo tamén dende sectores anarquistas, que lle acusan de ser un prominente membro do Servicio de Información Militar (SIM) e de dirixir a represión contra os trotskistas acusados do asasinato do axente do SIM Leon Narwicz en 1938. Non parece, nembargantes, que existan probas documentais diso. Ademais, as devanditas fontes sitúan a actividade de Grimau en Madrid, e non en Barcelona.

Grimau foi procesado por un tribunal militar. Case non existían en España militares con formación xurídica, polo que bastaba con que fora avogado o poñente ou fiscal, encargado de asesorar ós presidentes do tribunal. No caso do xuízo a Grimau, exerceu de fiscal un habitual dos xuízos políticos, Manuel Fernández Martín, que en realidade nunca estudara Dereito e desenvolvía o cargo, coma moitas outras persoas na época, grazas a que podía declarar cos seus títulos "queimáranse durante a guerra" (foi desenmascarado un ano máis tarde, tras décadas de exercicio, e condenado ó cárcere). O defensor era a única persoa con formación xurídica da sala: o tenente avogado Alejandro Rebollo (que sería deputado anos despois), a quen a defensa de Grimau lle custaría o posto.

O xuízo celebrouse nos xulgados militares de Madrid o xoves 18 de abril de 1963, coa sala atestada de xornalistas. Para Rebollo, o xuízo era nulo de pleno dereito (dacordo incluso coas leis políticas da época e aínda sen saber que o poñente era un impostor). Os delictos de torturas non foron probados: as testemuñas da acusación declararon que coñecían os crimes do acusado "de oídas", é dicir a través de rumores ou relatos de terceiros que non podían comprobarse. Só estaba probado que, efectivamente, foi policía.

O delicto continuado de rebelión era improbábel dado que Grimau pasara máis de 20 anos fóra de España trala fin da guerra e non existían indicios da súa presenza clandestina no país durante ese tempo. O fiscal cortou en numerosas ocasións as declaracións do acusado e do propio avogado defensor, a quen non lle foi tido en conta o seu alegato. Tras pouco máis de cinco horas de xuízo, sen deliberación, ditouse como estaba previsto a condena a morte.

En realidade, o xuízo por "rebelión militar", no que se aplicaba a Lei de Responsabilidades Políticas de 1938, facía previsíbel a sentenza. Este tipo de xuízos sumarísimos en aplicación dunha lei creada especificamente para aniquilar ós republicanos non se producía dende os anos inmediatamente posteriores á guerra. No seu período de apoxeo, acababan invariabelmente cunha sentenza de morte, tanto que, a miúdo os bedeis do tribunal permitíanse facer sen reparos unha broma macabra que se fixo famosa: "que pase a viúva do acusado". O fiscal Fernández Martín actuaba con frecuenza nestes xuízos e a súa afección á pena de morte era tamén famosa.

Por outra banda, o Consello de Ministros do 1 de abril daquel ano 1963 aprobara a creación do Tribunal de Orden Público, que pretendía deixar definitivamente á lexislación represiva aprobada no marco da guerra civil. A Grimau corresponderíalle ser xulgado por ese tribunal, que non ditaría pena de morte senón de prisión. Por esto, para asegurarse de que Grimau fora executado, Franco dispuxo coa entrada en vigor da lei se retrasara ata despoixas do fusilamento.

[editar] A presión internacional

Precisamente polo inusitado do procedemento, eco dunha guerra que por outro lado o franquismo parecía querer enterrar (comezaban a prepararse os actos dos "vinte e cinco anos de paz"), e porque se esperaba o peor, dende o anuncio dos cargos contra Grimau desatouse unha reación internacional de protesta e presión sen precedentes en ningún aspeto relacionado con España.

A prensa internacional fixou a súa atención sobre o caso Grimau e producíronse manifestacións multitudinarias en varias capitais europeas e latinoamericanas. Nalgúns portos, os estibadores negábanse a descargar os barcos españois, e máis de 800.000 telegramas chegaron a Madrid pedindo a paralización do que consideraban un xuízo farsa. A presión non pareceu afectar ó Caudillo, que na súa liña habitual atribuíuna a unha "conspiración masónica-esquerdista coa clase política". Manuel Fraga, en calidade de ministro de Información e Turismo, comezou unha intensa campaña dirixida á prensa internacional atribuíndo a Grimau os maiores crimes.

Trala letura da sentenza, só cabía a posibilidade de que Franco conmutara a pena por outra de cárcere. Numerosos xefes de Estado puxéronse en comunicación con el para facerlle esta petición, entre eles o papa Xoán XXIII e o líder soviético Nikita Kruschev, o que tampouco tiña precedentes: era a primeira vez cun dirixente soviético dirixíase oficialmente ó réxime franquista.

Dentro de España, algunhas personalidades cercanas ó réxime pediron tamén clemencia. O Consello de Ministros, formado por 17 persoas, se reuniuse o 19 de abril. Durou dez horas, aínda que ó parecer só Fernando Castiella, titular de Exteriores, manifestou a súa oposición á execución da sentencia, alarmado pola presión internacional e as consecuencias que podía ter na política exterior española. A súa oposición foi, nembargantes, máis ben tímida, xa que Franco finalmente esixiu unha votación e a decisión de asinar a sentencia tomouse por unanimidade.

[editar] Pasamento de Grimau

Julián Grimau, namentres, pasaba no cuartel militar do barrio de Campamento as súas horas de capela, é dicir, as previas á execución da pena, en compaña do seu avogado, dacordo cas ordenanzas militares. Cara as 5 da madrugada do 20 de abril, trasladóuselle nunha furgoneta ó campo de tiro do cuartel, onde debía executarse o fusilamento. En principio, correspondía á Garda Civil formar o pelotón, pero os seus mandos negáronse a facelo. O capitán xeneral de Madrid evitou tamén que o pelotón fora integrado por militares de carreira, que era a segunda opción.

Parece ser que foi o propio Franco quen deu a orde de que os executores de Grimau foran soldados de reemplazo, e así se fixo. Novos, aterrados e sen experienza de tiro, segundo as testemuñas, dispararon a Grimau 27 balas sen lograr acabar coa súa vida. Foi o tenente que mandaba o pelotón quen houbo de rematar a Grimau de dous tiros na cabeza.

Segundo confesou máis tarde á familia do falecido, este acto perseguiulle durante toda a súa vida, ata o punto de que acabou os seus días nun psiquiátrico. Julián Grimau foi enterrado no cemiterio civil de Madrid.

[editar] Rehabilitación de Grimau

Coa chegada da democracia, a partires de 1975, abríase teoricamente a posibilidade de revisa-lo caso Grimau e o de outras vítimas da ditadura. Nembargantes, os acordos coñecidos como Pactos da Moncloa supuxeron “de facto” unha Lei de Punto Final e do silenzo, da que o PCE foi, curiosamente (porque era quen máis sufrira a represión) o maior valedor.

En termos xerais, procurábase esquecer os aspectos máis escuros do réxime anterior e soterrar definitivamente a memoria da República e a guerra. Nos anos 80, segundo testemuñas de militantes do PCE e de familiares de Grimau, o Concello de Madrid, á sazón dirixido por Enrique Tierno Galván, do Partido Socialista Obrero Español, propuxo extraoficialmente rebautizar a avenida do Mediterráneo como avenida de Julián Grimau (existen rúas e edificios públicos co nome de Grimau en numerosas cidades fóra de España). O PCE negouse, mostrando así a súa vontade de soterrar o asunto.

Dende mediados dos anos 90, nembargantes, a consolidación da democracia e o tempo transcorrido dende a guerra, ademais do pasamento da maioría dos seus actores (o que facía menos conflitiva calquera referenza á mesma), ven propiciando que se comezara a reivindicar no ámbito parlamentario a memoria e reparación dos represaliados.

Boa parte das iniciativas neste sentido procedían e proceden de Izquierda Unida, coalición que integra a un PCE, xa sen a súa antiga dirección e coas bases que a apoiaban moi mermadas. O 15 de abril de 2002 Izquierda Unida presentou unha Proposición no de Ley sobre la rehabilitación pública y democrática de la figura de Julián Grimau, que recibiu os votos en prol de tódolos partidos con representación parlamentaria excepto o Partido Popular (PP), que gobernaba con maioría absoluta.

O PP tiña unha razón dobre para oporse e así o expresou: por principio, é contrario a toda iniciativa política acerca da guerra e as súas consecuenzas ou o franquismo. En segundo lugar, prevía co debate sobre Grimau tiña moitas posibilidades de converterse ademais nun xuízo público ó ministro que defendeu en tódolos medios de comunicación o seu fusilamento, Manuel Fraga, fundador do Partido Popular e daquela presidente da Galiza.

En maio de 2005 Izquierda Unida presentou unha iniciativa similar na Asemblea de Madrid (parlamento da comunidade autónoma), para que dita asemblea inste ó goberno a rehabilitar a figura de Julián Grimau. Esta iniciativa si contou co respaldo do PP, que contaba coa maioría absoluta na cámara.

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu