Julián Schwinger
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Julian Seymour Schwinger (21 de febreiro, 1918 -- 16 de xullo, 1994) foi un físico teórico norteamericano. Formulou a teoría de renormalización e predixo o fenómeno dos pares electrón-positrón coñecido como o efecto Schwinger. Compartiu o Premio Nobel de Física en 1965 polo seu traballo na electrodinámica cuántica (QED), xunto con Richard Feynman e Shinichiro Tomonaga.
Schwinger naceu en Nova Iorque e estudou no City College of New York. Despois foi transferido á Universidade de Columbia, onde recibiu a súa B.A. (graduación) en 1936 e o seu Ph.D. (doutorado, supervisado por Isidor Isaac Rabi) en 1939. Traballou na Universidade de California, Berkeley (con J. Robert Oppenheimer) pasando loga á Universidade de Purdue.
Durante a Segunda Guerra Mundial Schwinger traballou no Laboratorio de Radiación do MIT, dando o soporte teórico para o desenvolvemento do radar. Intentou aplicar o seu coñecemento como físico nuclear ós problemas de enxeñaría do electromagnetismo, e chegou ós resultados da dispersión nuclear. De resultas, Schwinger comezou a aplicar o seu coñecemento da radiación á física cuántica.
Logo da guerra, Schwinger deixou Purdue pola Universidade de Harvard, onde ensinou dende 1945 a 1972. Casouse en 1947. Durante este tempo, desenvolveu o concepto de renormalización, que explicaba o Efecto Lamb no campo magnético do electrón. No seu estudo das partículas elementais,chegou á conclusión de que os neutrinos poden pertencer a múltiples variedades, asociadas cos tipos de leptóns como o electrón e o muón, o que foi verificado experimentalmente en anos recentes.
Tendo supervisado máis de setenta disertaciones doutorais, Schwinger é coñecido como un dos máis prolíficos asesores en física. Catro dos seus estudantes gañaron Premio Nobel: Roy Glauber, Benjamin Roy Mottelson, Sheldon Glashow e Walter Kohn (este último en Química).
Na súa longa carreira, non conforme coa complexidade doutras explicacións dos experimentos con partículas elementais, Schwinger desenvolveu a teoría fonte. Schwinger deixou Harvard en 1972 por unha posición na Universidade de California, Os Angeles onde continuou co seu traballo na source theory, ata a súa morte.
Índice |
[editar] Schwinger e Feynman
Como físico famoso, Schwinger foi comparado ocasionalmente con outro lexendario físico da súa xeración, Richard Feynman. Schwinger fixo física dun xeito máis matemático, especialmente na Teoría cuántica de campos. Por contraste, Feynman foi máis intuitivo e o seu seguido diagrama de Feynman aproxímase a QFT. Schwinger discrepou cos diagramas de Feynman ata rexeitalos completamente nas súas clases.
[editar] Ver tamén
- Modelo de Schwinger
- Ecuación de Schwinger-Dyson
- Principio variacional de Schwinger
- Acción de Rarita-Schwinger
- Ecuaciń de Lippmann-Schwinger
[editar] Outras lecturas
(Inglés)
- Mehra, Jagdish and Milton, Kimball A. Climbing the Mountain: the scientific biography of Julian Schwinger, Oxford University Press, 2000.
- Milton, Kimball Julian Schwinger: Nuclear Physics, the Radiation Laboratory, Renormalized QED, Source Theory, and Beyond. arXiv.
- Schweber, Sylvan S., QED and the men who made it : Dyson, Feynman, Schwinger, and Tomonaga. Princeton Univ. Press, 1994.
[editar] Ligazóns externas
(inglés)
- Julian Schwinger
- Nobel Museum Biography
- fundamental work in quantum electrodynamics, with deep-ploughing consequences for the physics of elementary particles
1901: Röntgen 02: Lorentz, Zeeman 03: Becquerel, P.Curie, M.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: Marconi, Braun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.Bragg, W.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: Franck, Hertz 26: Perrin 27: Compton, Wilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: Schrödinger, Dirac 35: Chadwick 36: Hess, Anderson 37: Davisson, Thomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: Cockcroft, Walton 52: Bloch, Purcell 53: Zernike 54: Born, Bothe 55: Lamb, Kusch 56: Shockley, Bardeen, Brattain 57: Yang, T.D.Lee 58: Cherenkov, Frank, Tamm 59: Segrè, Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter, Mössbauer 62: Landau 63: Wigner, Goeppert‑Mayer, Jensen 64: Townes, Basov, Prokhorov 65: Tomonaga, Schwinger, Feynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: Alfvén, Néel 71: Gabor 72: Bardeen, Cooper, Schrieffer 73: Esaki, Giaever, Josephson 74: Ryle, Hewish 75: A.Bohr, Mottelson, Rainwater 76: Richter, Ting 77: Anderson, Mott, van Vleck 78: Kapitsa, Penzias, Wilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot |