Khildeberto I
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Khildeberto I, un dos catro fillos de Clodoveo I, naceu cara ao ano 497, morreu o ano 558.
Á morte do seu pai, no 511, o reino dividiuse entre os seus catro fillos e el herdou a cidade de París e o territorio que comprendía polo norte ata o Somme e polo oeste ata a Canle da Mancha. Converteuse en rei de Paris.
Á morte do seu irmán Clodomiro, rei de Orleáns, coa axuda do seu outro irmán Clotario, rei de Soissons, fixo degolar aos seus sobriños para apropiarse da herdanza. Converteuse en rei de Orleáns.
No 534, axudado por Clotario, conquistou o reino burgundio (Borgoña). Este novo reino foi cogobernado entre eles.
Fixo varias expedicións contra os visigodos de Hispania. No ano 542 apropiouse de Pamplona coa axuda do seu irmán Clotario I. Cercou Zaragoza, pero foi forzado a retirarse. Desta expedición levou a Paris unha preciosa reliquia, a túnica de San Vicente, en honor de quen fixo construír ás portas de Paris o famoso mosteiro de San Vicente, coñecido posteriormente como Saint Germain-des-Prés, Francia.
No 558, morreu sen descendencia, e Clotario apoderouse do seu reino e reunificou o reino de Clodoveo.