Khilderico II
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Khilderico II (650 - 675).
Rei de Austrasia desde 657 a 675.
Rei de Neustria e Borgoña desde 673 a 675.
Fillo de Clodoveo II e de Batilda.
Casa no ano 668 con Blitilda que lle dá un fillo, Khilperico II (670-721), que será rei de Neustria á morte de Dagoberto III no 715.
Foi un rei merovinxio, que morreu asasinado no ano 675. Converteuse en rei de Austrasia á idade de 6 anos e en rei de Neustria e Borgoña á morte do seu irmán Clotario III.
No 673, á morte do seu irmán maior Clotario III, destrona e encerra no mosteiro de San Denís ao seu irmán Teodorico III, terceiro fillo de Clodoveo II, o cal fora proclamado rei por Ebroin, que era mordomo de palacio. Finalmente, Khilderico II será asasinado no bosque de Lognes, preto de París, debido á conxura organizada polos señores francos que o consideraban moi autoritario.
A partir de aquí, Dagoberto II, fillo de Sixeberto III, que estaba exiliado en Irlanda, e que fora proclamado rei en 674 polos señores de Austrasia, volve para reconquistar o trono de Austrasia, onde reinara o seu pai ata que foi asasinado en 656, mediante un complot organizado polo seu propio irmán Clodoveo II, o pai de Khilderico II, para anexionar as súas terras.