Khilperico I
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Khilperico I, (539-584). Rei de Neustria no 561 á morte do seu pai Clotario I, rei dos francos, o cal divide o reino entre os seus catro fillos.
Khilperico apodérase do tesouro de Soissons e ocupa París. Pero os seus irmáns obrígano a respectar a partición.
Repudia á súa primeira esposa, Audovera.
No 566, casa con Galswinta, filla do rei visigodo Atanaxildo e irmá de Brunequilda, esposa de Sixeberto I, o seu irmán, que herdara Austrasia.
No 567, Galswinta foi asasinada (esganada na súa cama). Sixiberto decide vingar á súa cuñada e é o comezo da guerra entre Neustria e Austrasia, que durará moito tempo. Foi continuada polos seus descendentes.
Casa con Fredegunda. E o mesmo ano, a morte de Cariberto I faille gañar o reino de Paris.
Batido polo seu irmán Sixeberto, debe o seu trono ao asasinato deste no ano 575.
No 584, foi morto durante unha cacería. O seu fillo Clotario II herda o reino á idade de catro meses, baixo a tutela da súa nai Fredegunda e a protección do seu tío Gontrán I, rei de Borgoña, que así recupera o reino de Paris.