Lagosta moura
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lagosta moura | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
[[Image:{{{IMAXE}}}|250px]] | ||||||||||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||||||||||
Palinurus mauritanicus (Gruvel, 1911) | ||||||||||||||||||||
![]() |
Co nome de lagosta moura coñécese unha variedade de lagosta, identificada como Palinurus mauritanicus (Gruvel 1911), de menor calidade gastronómica cá lagosta común ou europea (Palinurus elephas).
[editar] Descrición
Alcanza tamaños moi superiores ós normais na lagosta común, chegando a lonxitudes de ata 75 cm e pesos de 5 a 6 kg. As tallas habituais rondan os 50 cm.
O cefalotórax desta especie é maior e máis avultado có da lagosta común, e mostra unha cor rosada-vermella, sen manchas. Na parte lateral do abdome presenta pequenas manchas máis claras có fondo, mesmo brancas, de tamaño desigual.
Nas antenas destacan os aneis rosas e brancos. Outra característica a sinalar é o feito de que o primeiro par de patas non remata en pinza, senón nunha uña única.
[editar] Hábitat
Atópase no Atlántico occidental africano e no Mediterráneo, chegando á altura do ecuador. Normalmente prefire fondos duns 100 metros de profundidade.
[editar] Sinonimia
Outros nomes desta lagosta don os de lagosta mauritánica, lagosta portuguesa, lagosta africana, lagosta salameña, lagosta rosada ou lagosta diamante.
- inglés: pink spiny lobster
- francés: langouste de Mauritania
- alemán: mauretanische Languste
- italiano: aragosta mauritanica