Lanterna máxica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A lanterna máxica é o antecesor dos aparellos de proxección moderna. Non hai constancia de cando se inventou, a primeira descrición débese a Athanasius Kircher, un sacerdote xesuíta, en 1671. Constituído por unha cámara escura cun xogo de lentes, que por medio dun condensador polo que pasaba a luz dunha lámpada de aceite incorporada, e atravesaba unha placa de vidro pintada con debuxos que se proxectaba nun lenzo. Podíase crear ilusión de movemento movendo os vidros.
Utilizada en ambientes académicos como a Sorbona e en populares como teatros ó longo do século XIX, constituíu o antecendente do que será no século XX o cine como espectáculo de masas.
Non hai certeza de cando foi traída pola primeira vez a Galicia, quizais en 1805 en Santiago de Compostela por un ambulante francés. A primeira referencia sen xénero de dúbida foi unha representación de fantasmagorías en setembro de 1813. A partir de 1868 estas representacións foron habituais nas cidades galegas.
Categorías: Cine | Óptica