Linda B. Buck
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Linda B. Buck, médico, (nacida o 29 de xaneiro, 1947) é unha científica estadounidense coñecida polos seus traballos sobre o sistema olfactivo. Obtivo xunto a Richard Axel o Premio Nobel de Fisiología ou Medicina de 2004 polos seus traballos sobre os receptores olfactivos.
Actualmente (2004), traballa no Departamento de Neurobioloxía da Universidade de Harvard e no Centro Fred Hutchinson, tamén en Boston.
Nacida en Seattle, Washington, recibiu o seu Bachelor of Science en Fisioloxía e Microbioloxía en 1975 da Universidade de Washington, Seattle e o grao de doutora (Ph.D.) en Immunoloxía en 1980 na Universidade de Texas Southwestern Medical Center, Dallas. Fixo o seu traballo post-doutoral na Universidade de Columbia con Axel. O tema da súa investigación baseouse en como as feromonas e os cheiros se detectan no nariz e son interpretados polo cerebro, pois descubriron unha familia de xenes implicada no control da producción de receptores especializados
É membro da Academia Nacional das Ciencias desde o ano 2003.
Premiada co galardón Lewis S. Rosentiel (1997) polo seu traballo na investigación médica básica.