Manuel Luís Acuña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Luís Acuña Sarmiento (Sobrado, A Pobra de Trives 1899 - Ourense 1975). Xornalista e poeta galego.
en 1920 trasládase a Allariz coa súa familia, tras facer maxisterio por libre ingresa en 1928 no Corpo Nacional de Maxisterio, exercendo en Ourense, A Coruña e Madrid. Militante do Partido Galeguista trala Guerra Civil depúrano e vese obrigado a dedicarse ao ensino privado.
Integrante da Xeración do 31, é autor dun único libro, Fírgoas (1933)