Marcelino Sanz de Sautuola
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Marcelino Sanz de Sautuola (1831-1888), descubridor das pinturas da cova de Altamira, Cantabria, un dos primeiros en practicar o estudo da Prehistoria en España.
[editar] Biografía
Nacido en Santander o 2 de xuño de 1831, Sautuola chegou ao estudo da Prehistoria pola súa afición, mostrada desde neno, polas Ciencias Naturais, en especial pola Botánica e a Xeoloxía. Tiña unha boa colección de minerais e fósiles. Así en 1866 presentou uns apuntes sobre a aclimatación do eucalipto en Cantabria. Consta asimesmo que estaba ao tanto dalgunhas das primeiras publicacións sobre a Prehistoria (lera a Boucher de Perthes, considerado hoxe o pai das novas investigacións).
Na década do 1870 iniciara excavacións e exploracións en covas cántabras (Revilla de Camargo, 1878). A visita a Exposición Universal de París no mesmo ano 1978 permitiulle observar as coleccións expostas de artefactos prehistóricos, o que lle causaría un gran impacto, motivándoo para explorar mellor na súa terra natal.
En 1879 descubre as pinturas polícromas nas paredes da cova de Altamira, na segunda visita á mesma (a primeira fora quizais en 1876). Segundo coñecida anécdota sería a súa filla, María, que o acompañaba, quen advertiu a existencia de "bois" pintados. Sautuola recolleu materiais en sucesivas exploracións.
No ano seguinte, 1880, Marcelino Sanz, presentou as súas conclusións nun folleto: "Breves Apuntes sobre Algunos Objetos Prehistóricos de la Provincia de Santander", aínda valioso cientificamente falando, no que mostraba unha reproducción da bóveda natural con as súas pinturas. A publicación causou un enorme impacto mundial, pois non se esperaba que a humanidade prehistórica exhibira tan alto nivel cultural, como aparecía a través da súa realización artística.
Abriuse unha fronte negativista ante a divulación de Sautuola, qu só sería apoiado con tenacidade polo seu amigo Juan Vilanova y Piera, catedrático de Xeoloxía na Universidade de Madrid, autor de "Origen, naturaleza y antigüedad del hombre" (1972). O descubrimento sería presentado por Vilanova en Lisboa no IX Congreso Internacional de Antropoloxía e Arqueoloxía Prehistórica (setembro-outubro de 1880), ao que asisten algúns dos prehistoriadores máis prestixiosos de Europa: Gabriel de Mortillet, Henri Martin, Émile Cartailhac,... Salvo Martin, o resto tomará posturas escépticas e neganse a visitar Altamira. Un informe encargado en 1881 a Harlé, que avaliaría as pinturas como falsas e realizadas entre 1876 e 1879, afonda o problema. Salvouse a honra de Sautuola, a quen se considerou tamén enganado. A oposición á autenticidade das pinturas estendeuse tamén a España, onde distintos eruditos negaron a antigüidade da decoración de Altamira. Porén a verdade abriríase paso, primeiro con a comparación con as obras de arte moble e, algo máis tarde, con o descubrimento de novas covas decoradas a partir de 1895, na Franza: La Mouthe, Combarelles, Font-de-Gaume.
[editar] Fontes
- Ripoll Perelló, Eduardo, Historia de los Descubrimientos [de la pintura rupestre], in rev. Historia 16, nº 10, febreiro 1977.
- García Guinea, Miguel Ángel, Altamira. 1979