Maria Mitchell
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Maria Mitchell (1818-1889), nada en Nantucket (Massachusetts, EEUU) foi a primeira muller dedicada a astronomía en Estados Unidos. Ensinou astronomía a mulleres no Vassar College. Terceira nunha familia con dez fillos, asistiu a un centro de ensino para señoriñas, tendo ademais unha auto-educación.
O primeiro de outubro de 1847 descubriu un cometa co telescopio, feito polo que recibiu unha medalla de ouro do rei Federico de Dinamarca. Foi a primeira muller elixida para ocupar un posto en diversas institucións científicas americanas, como a AAAS (Asociación Americana para o Avance da Ciencia). Fundou e foi presidenta da Asociación Americana para o Avance das Mulleres. Así mesmo, obtivo un grao honorario en Columbia, e leva o seu nome un cráter lunar, entre outras diversas citas posibles dos recoñecementos recibidos.