Maryse Bastié
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Maryse Bastié (27 de febreiro, 1898 - 6 de xullo, 1952) foi unha aviadora francesa.
Veu ó mundo en Limoges co nome de Marie-Louise Bombec, o seu pai morreu cando ela tiña dez anos e para sobrevivir tivo que poñerse a traballar nunha zapatería en canto tivo idade, os seus recursos económicos eran escasos, un matrimonio fallido deixáralle un neno. Casou de novo cun piloto militar, Louis Bastié a quen coñeceu como madriña de guerra durante a Primeira Guerra Mundial, adoptou o seu apelido consonte á norma francesa da época e quedou fascinada co mundo da aviación. O 15 de outubro de 1926 o seu compañeiro morreu nun accidente de aviación, ela xa con licenza de piloto desde 1925 non renunciou a pilotar e comezou a facer voos acrobáticos para gañar diñeiro e en 1927 mercou o seu propio aparello, un Caudron C.109.
Nos anos seguintes bateu todos os records femininos de aviación ata totalizar dez. En 1929 permaneceu no aire 26 horas e 46 minutos, o cal constituiu un novo récord feminino, ó ano seguinte bateu o seu propio récord ata deixalo en 37 horas e 55 minutos. En 1931 bateu o récord de distancia feminina establecendo en 2.976 km.
Morreu no decurso dun festival aéreo en Lión ó despegar cun prototipo do Noratlas 2500 que se estrelou.