Talk:Maruxa Mallo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Galipedia parece non recoñecer dous artigos: Surrealismo / Surrealismo hispánico (ignoro se é porque no interior están escritos con minúscula). O caso é que é imposíbel pasar desde o fondo de Maruxa Mallo a ambos. --Ah, iso pasa porque o que creaches non son ligazóns, senón categorías... e son cousas distintas. E esas categorías aínda non foron creadas na Galipedia.--Xabier Cid 18:58, 14 febreiro 2007 (UTC)
Eliminei a referencia a Gabriela Mistral como embaixadora de Chile. Non atopo esa referencia por ningures. Se alguén pode explicala, habería que recuperar ese dato.--Xabier Cid 18:56, 14 febreiro 2007 (UTC)