Meira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Meira | |
---|---|
![]() |
|
Situación | |
Xentilicio 1: | Meirao - Meirego - Meirense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Lugo |
Comarca: | Meira |
Área: | km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 1.789 hab. |
Densidade: | hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG ' (votos - %) BNG ' (votos - %) PSdeG-PSOE ' (votos - %) Outros: -' (- %) |
Alcalde: | Rosendo Folgueira Valle (PP) |
Eleccións municipais en: 'Meira' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | 27.2 |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | [1] |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca de Meira. Está situada ó noreste da provincia, entre a Terra Chá e as Serras Orientais, ó Oeste da serra de Meira, e ó lado do Pedregal de Irimia, onde nace o Río Miño .
Está composto polas parroquias de Meira (Santa María) e Seixosmil (Santo Isidro).
Poboación en 2004: 1.789 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (1.806 en 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Meirao - Meirego - Meirense
Evolución da poboación de: Meira - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
4.475 | 4.087 | 2.228 | 2.004 | 1.789 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |

Índice |
[editar] Historia
A historia desta vila está directamente relacionada coa fundación dunha comunidade monástica cistercense, que algúns estudiosos datan no ano 1143.
En 1154, o rei Alfonso VII otorgou aos Condes de Sarria, don Álvaro Rodríguez e dona Sancha Fernández, a vila e o couto de Meira, que por aquel entón era un lugar totalmente virxe.
En 1159, o fillo de Alfonso VII, Fernando II, concedeulle a Meira a exención do pagamento da peaxe e o portazo en todo o reino.
Os bens do mosteiro cisterniense, chamado mosteiro de Santa María de Meira, foron medrando, gracias ás donacións da monarquía. Paralelamente, tamén medraba a cobiza dos poderosos, que se levantaron contra os monxes. Fernado II tivo que redactar un decreto real, convidando aos obispos de Oviedo e Lugo a apoiar a comunidade monacal de Meira. Non obstante os saqueos non proviñan só da sociedade civil, senón tamén da propia igrexa.
Pero no ano 1515, e grazas á unión do mosteiro coa Congregación Castelá, éste viviu os seus anos de maior esplendor, coa fundación da Facultade de filosofía.
A escola funcionou como centro cultural de primeira orde, ata a invasión napoleónica. O mosteiro sufriu as consecuencias de ter instalado un hospital ó servizo das tropas. Despois da invasión, os monxes voltaron e repararon o mosteiro en ruínas, maila nunca máis recuperou o seu esplendor. Hoxe só queda a igrexa de Santa María de Meira e o edificio no que se sitúa a Casa do Concello.
No apartado de historia deberíamos falar tamén do escudo de Meira, que podemos observar na seguinte imaxe. Sobre o fondo azul, no lado dereito, de blanco, o brazo de maije empuñando o báculo abacial de ouro, e sobre del, unha fror de lis. No lado esquerdo a mitra abacial, e outra fror de lis. Cruzando o escudo, temos unha banda axedrezada de prata e gules, e sobre o escudo a coroa real cerrada.
[editar] Descripción xeográfica e demografía
O municipio de Meira atópase no Noroeste da provincia de Lugo, entre a Terra Chá e as serras orientais. O relieve é algo accidentado, e no alto da serra de Meira está O Pedregal de Irimia, nacemento do río Miño. Climatolóxicamente, esto tradúcese nun clima oceánico de montaña, con precipitacións durante todo o ano, con excepción dos meses de Xullo e Agosto. No inverno, e nun corto periodo de días, o normal e ter algo de neve.
Respecto a súa demografía, a poboación de Meira mermouse coa pérdida de superficie que supuxo a constitución en 1035 dun novo concello, Ribeira de Piquín, e pasou de ser un dos municipios máis grandes da provincia, neses tempos, a ser un dos máis pequenos.
Dende principios de século e ata 1950 a demografía apenas experimentou cambios e a partir de 1970 comeza unha etapa de estancamento, que en 1991 alcanzou unha evolución negativa.
Tamén cabe destacar que en verán, a poboación de Meira vese incrementada polas numerosas familias, turistas ou nativos que viven fóra, que veñen a pasar un tempo de disfrute estival.
[editar] Patrimonio artístico
Como xa destacamos na historia de Meira, a vila débelle a súa existencia aos monxes cistercienses, que construiron xa no século XII, o mosteiro de Santa María de Meira, impulsor durante moitos séculos da vida cultura e económica da provincia.
Nestes días pouco se conserva do mosteiro primitivo, pero aínda se conserva a Igrexa de Santa María de Meira, un dos monumentos románicos máis importantes de Galicia e nomeada Monumento Nacional dende 1931. Esta igrexa, de influencia arquitectónica Borgoñona (importada de Francia), está exenta totalmente da influencia Compostelá.
A igrexa ten pranta de cruz latina, con tres naves no brazo maior e unha de cruceiro. Ten tamén cinco capelas na cabeceira, todas elas cubertas por bóvedas de medio cañón apuntado. No interior consérvase sepulcros con relieves e o escudo dos Bolaño, unha lápida abacial e varios retablos, entre os que destaca o maior, de estilo neoclásico, e o cruceiro, ámbolos dous so século XVII. Tamén se conserva unha colección de orfebrería sacra.
En arquitectura eclesiástica ademáis deben nomerarse a Capela de Paredes, de Pranta rectangular e a de vilar de Mouros, coñecida tamén por Ermida de San Pedro.
Respecto a arquitectura civil cabe destacar a casa da Xesteira cunha pedra de armas decorada cunha inscripción alusiva ós Velez i Mendoza, de 1731, e tamén a casa do Mosteiro.
Ademáis de todo o anterior, en Meira podemos atopar o dolmen “O Cortello da Vella”, Medorras de Paredes e Medorras de San Martín de Lúa.
[editar] Patrimonio natural
Meira pode presumir dunha paixase espectacular e virxe. Está rodeada por bosques e montes, e bañada polo río Miño. Tamén é posbile disfrutar da ruta Miño-Eo, os dous ríos máis importantes da provincia (e o Miño, de Galicia). Na parte oriental do municipio está a fervenza da Mexadoira, no chamado rego de Murias e na beira do río Eo atópase a área recreativa A Treita . As árbores máis habituais destes bosques son os carballos, abidueiras e castiñeiros. A flora autóctona, a parte das árbores mencionadas, a compoñen toxos, xestas, uz... que poblan tódolos camiños e bosques.
A fauna coa que nos podemos atopar na comarca é moi numerosa, só nomearemos algunhas especies: Perdices, paspallás, pombos, lobos, raposos, corzos, xabarís... Nos ríos, as troitas e as anguías son as protagonistas e xa no Eo podemos atopar tamén salmóns.
Todo esto fai de Meira un lugar moi atractivo para os amantes da natureza, da caza e da pesca.
Mención a parte merece O Pedregal de Irimia, nacemento do río Miño. É aquí onde manan as primeiras fontes do río Miño, augas que van a dar á lagoa da Fonmiñá, na Pastoriza.
[editar] Galería de imaxes
[editar] Lugares de Meira
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meira vexa: Lugares de Meira.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Meira | |
---|---|
Meira (Santa María) | Seixosmil (Santo Isidro) |
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||