Morcego
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Morcego | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación |
||||||||
Variable | ||||||||
![]() Macrotus californicus |
||||||||
Clasificación científica | ||||||||
|
||||||||
Familias | ||||||||
Megachiroptera Microchiroptera |
O morcego é un mamífero voador da orde Chiroptera, nos que os membros anteriores modificaronse para azas.
Outros mamíferos, como os esquíos voadores, poden planear durante curtas distancias, mais só os morcegos son capaces de vóos verdadeiros. O nome Chiroptera pode ser traducido como "mán-aza", porque a aza aberta ten a mesma estrutura ósea da mán humana, cos dedos unidos por unha membrana.
Existen preto de 1000 especies de morcegos. A maioría deles son insectívoros, mais un número significativo en dúas subordes, Megachiroptera and Microchiroptera (ver abaixo), desenvolveran a habilidade de se alimentar de frutas e os seus sucos. Algunhas das especies menores son polinizadores importantes de algunhas flores tropicais. Hoxe sabese que moitas plantas tropicais dependen totalmente deles, non só como polinizadores senon tamén para espallar as sementes cando comen os seus frutos.
Alén diso, alguns morcegos son predadores de vertebrados. Estes incluen membros da familia Phyllostomidae, das Américas Central do Sur, e a familia Noctilionidae, que se alimenta de peixes.
Índice |
[editar] Clasificación
Hai dúas subordes de morcegos:
- Megachiroptera, morcegos fruxívoros
- Microchiroptera, morcegos insetívoros
Os Megachiroptera comen frutas, mentres que os Microchiroptera comen principalmente insectos, e con frecuencia dependen da ecolocación para navegación e para atopar presas. Un grupo de especies, os vampiros, alimentase de sangue.
Críase que as dúas subordes tiñanse desenvolvido de forma independente, e que as súas características semellantes eran o resultado de evolución converxente. Mais as análises xenéticas mostraron que os dous grupos teñen un ancestro voador común.
Sábese pouco sobre a evolución dos morcegos, xa que os seus esqueletos pequenos e delicados non fosilizan ben. Os morcegos foseis máis antigos atopados son o Icaronyctens, Archaeonyctnes, Palaeochropteryx e Hasianycteris do Eoceno inferior (preto de 50 millóns de anos atrás), mais son xa moi semellantes aos Microchiroptera modernos.
Os morcegos agrúpanse usualmente, xunto cos Scandentia, Dermoptera e primatas, na superorde Archonta.
- ORDE CHIROPTERA
- Suborden Megachiroptera
- Pteropodidae
- Suborden Microchiroptera
- Superfamilia Emballonuroidea
- Emballonuridae
- Superfamilia Rhinopomatoidea
- Rhinopomatidae
- Craseonycteridae
- Superfamilia Rhinolophoidea
- Rhinolophidae
- Nycteridae
- Megadermatidae (Falso vampiros)
- Superfamilia Vespertilionoidea
- Vespertilionidae
- Superfamilia Molosoidea
- Molosidae
- Antrozoidae
- Superfamilia Nataloidea
- Natalidae
- Myzopodidae
- Thyropteridae
- Furipteridae
- Superfamilia Noctilionoidea
- Noctilionidae
- Mystacinidae (morcego-de-rabo-curto da Nova Celandia)
- Mormoopidae
- Phyllostomidae
- Superfamilia Emballonuroidea
- Suborden Megachiroptera
[editar] Anatomia
O oso do metacarpo e o segundo e quinto dedos dos membros anteriores son alongados, e entre eles existe unha mebrana, chamada quiropatáxio. A membrana se estende dos dedos ata o lado do corpo e deste ata a base dos membro posteriores. A aza inteira dun morcego é chamadapatáxio. Moitas especies teñen tamén unha membrana entre os membros posteriores incluindo a cauda. Esta membrana é o uropatáxio.
O pataxio está cheo de delicados vasos sangüineos, fibras musculares e nervos. No tempo frío, os morcegos enrolanse nas súas propias alas como nunha casaca. Na calor eles expandennas para refrescar os seus corpos.
O polgar e mais ás veces o segundo dedo dos membros anteriores teñen garras, ben como os cinco dedos dos membros posteriores. As garras traseiras permiten aos morcegos agarrarense ás pólas ou salientes. Os morcegos tamén poden moverse no chan, mais son bastante desaxeitados.
Todos os morcegos son activos á noite ou ao lusco-fusco, polo tanto os ollos da maioría das especies están pouco desenvolvidos. O seus sentidos de olfacto e audición, non obstante, son excelentes. Ao emitir sons de alta frecuencia e escoitar os seus ecos, os Microchiroptera localizan presas e outros obxectos próximos. Este é o proceso de ecolocación, unha habilidade que comparten coas golfiños e mailas baleas.
Os dentes parecense aos dos insectívoros. Son moi agudos, para roer a través da armadura de quitina dos insectos ou da casca das frutas.
[editar] Reproducción
Un morcego recén-nacido agarrase á pel da nai e é transportado, aínda que logo se torne grande demais para isto. Sería difícil para un adulto carregar máis dunha cría, polo tanto normalmente nace só unha. Os morcegos frecuentemente forman colonias-berzario, con moitas fémias dando á luz na mesma área, sexa unha caverna, un oco de árbore ou unha cavidade nunha construción. A xestación dura de 2 a 7 meses, variando conforme a especie. En algunhas especies dúas glándulas mamarias están situadas entre o peito e os ombros (axilares), mais tamén poden ser peitorais ou abdominais.
A habilidade de voar é conxénita, mais despois do nacimento as azas son pequenas demais para voar. Os xovens morcegos da orde Microchiroptera se tornan independentes coa idade de 6 a 8 semanas, os da orde Megachiroptera non antes dos catro meses. Con a idade de dous anos os morcegos están sexualmente maduros.
A expectativa de vida do morcego vai de 10 a 30 anos, segundo a especie.
[editar] Inimigos
Os morcegos pequenos son ás veces presas de curuxas e falcóns. De maneira xeral, hai poucos animais capaces de cazar un morcego. Na Asia existe unha ave, un tipo de falcón, que se especializou en cazar morcegos. O gato doméstico é un predador regular en áreas urbanas, colle morcegos que están entrando ou deixando un abrigo, ou no chan. Raramente os morcegos descenden ao chan para se alimentar, pode acontecer debido a accidentes mentres están aprendendo a voar, en tempo ruín ou como estratexia de aproximación.
Os piores inimigos son só parasitos. As membranas, cos seus vasos sangüíneos, son fontes ideais de alimento para pulgas, carrapatas e ácaros. Alguns grupos de insectos zugan apenas sangue de morcego, por exemplo a mosca-de-morcego. Nas súas cavernas os morcegos fican pendurados moi próximos, polo tanto é fácil para os parasitos infestar novos hospedeiros.
[editar] Vector da raiba
Nos lugares onde a raiba non é endémica, como na maior parte da Europa occidental, os pequenos morcegos poden ser considerados inofensivos. Os morcegos grandes poden dar unha roída desagradable. Trateos co respeito debido a calquer animal silvestre.
[editar] Aspectos culturais
O morcego é sagrado en Tonga, África Occidental e Bosnia, e frecuentemente é considerado a manifestación física dunha alma separada. Os morecegos están intimamente relacionados cos vampiros, que se di seran capaces de se metamorfosear en morcegos ou lobos. Son tamén un 'simbolo de [pantasma]]s, morte e doenza. Entre algunas nativos americanos, como os Creeks, Cherokees e Apaches, o morcego é un espírito embusteiro. A tradición chinesa afirma que o morcego é un símbolo de lonxevidade e felicidade, ben como na Polonia, na rexión da Macedonia e entre os Árabes e Kwakiutls.
Na cultura occidentel o morcego é frecuentemente símbolo da noite e a súa natureza prohibida. É un dos animais básicos asociados cos caracteres ficcionais da noite, tanto viláns como Drácula, canto herois como Batman.
No Reino Unido todos os morcegos están protexidos polos Decretos da Vida Silvestre e Zona Rural (Wildlife and Countryside Acts), e incluso perturbar un morcego ou o seu niño pode ser multado.
[editar] Morcegos en Galicia
Na lista seguinte atopase primeiro o nome Nome Galego, logo o Nome científico e logo o Habitat máis común
- Morcego pequeno de ferradura Rhinolophus Hipposideros Minas abandonadas.
- Morcego grande de ferradura. Rhinolophus ferrumequinum Cavernas. No verán tamén en edificacións abandonadas, minas, etc.
- Morcego mediterraneo de ferradura Rhinolophus euryale Covas e campanarios.
- Morcego das Ribeiras Myotis Daubentonii Árbores, Regatos, ríos
- Morcego de orellas dentadas Myotis emarginatus Minas, covas, casas vellas.
- Morcego de Natterer Myotis nattereri Árbores, tamén preto dos ríos. Raro
- Morcego de Bechstein Myotis Bechsteinii Árbores. Preto dos ríos mais rarísimo en Galicia. Hai algún no río Támega.
- Morcego rateiro grande Myotis myotis Minas, casas abandonadas.
- Morcego Rubio Nyctalus noctula Faltan datos.
- Morcego das hortas Eptesicus serotinus Hortas, mundo rural.
- Morcego común Pipistrellus pipistrellus Rural. Moi abundante.
- Morcego de Monte Pipistrellus savii Moi raro.
- Morcego orelludo común Plecotus auritus Pouco abundante.
- Morcego Orelludo Meridional Plecotus austriacus Raro
- Morcego de fraga Barbastella barbastellus A rentes dos ríos, mais é rarísimo
- Morcego das covas Miniopterus schereibersii Cavernas. Rarísimo.
- Morcego rabudo Tadarida teniotis Minas e covas. Rarísimo.
[editar] Ligazóns Externas
- Morcego Libre (http://www.morcegolibre.vet.br/especies.html) para un inventario detallado das especies de morcego existentes no Brasil
- http://animaldiversity.ummz.umich.edu/chordata/mammalia/chiroptera.html - en inglés
- http://tolweb.org/tree?group=Chiroptera&contgroup=Euthería - en inglés
- http://katydid.uni-graz.at/batkey/ - en inglés
- Flying Fur Os morcegos son úteis, precisan da nosa proteción - en inglés
- Morcego como símbolo - en inglés
- http://www.cdc.gov/ncidod/dvrd/rabies/Bats_&_Rabies/bats&.htm CDC, sobre morcegos e raiba - en inglés
Template:Mamíferos